Actualidade
Buscador de novas
Belén do Campo visitou en Miño a mellora paisaxística e de recuperación ambiental da praia de Perbes realizada cunha axuda da Xunta de máis de 45.000 €
A delegada da Xunta destacou que esta é a segunda convocatoria deste programa e que este ano se simplificaron os trámites, ampliáronse os prazos de execución e xustificación e introdúcense melloras como a posibilidade de solicitar anticipos, co obxectivo de facilitar a participación dos concellos
Ángeles Vázquez salienta o papel da Unidade especializada de axentes medioambientais para velar pola protección e conservación do patrimonio natural
Sinala que este equipo abordará determinadas materias que, pola súa complexidade e carga de traballo, requiren dunha especial dedicación, coñecementos específicos e habilidades e competencias particulares
A Xunta e o concello da Arnoia avalían vías de colaboración para mellorar os servizos de abastecemento e saneamento na localidade
Analizaron iniciativas para mellorar as redes na contorna da Queixeira e da vila termal
A Xunta ultima o anteproxecto de lei de administración ambiental simplificada para reforzar a seguridade xurídica e axilizar a tramitación de proxectos
Ángeles Vázquez explica que a futura lei ten como obxectivo avanzar cara a un modelo de administración ambiental máis moderno, máis transparente e mellor adaptado aos retos actuais
Rueda destaca o compromiso da Xunta con mellorar o saneamento en Vilagarcía de Arousa cun investimento de 43,2 M€
Asegura que o obxectivo é dotar ao municipio dun sistema de depuración “á altura” que dea servizo “a veciños, industria” e turistas
A Xunta entrega á Comisión Europea un informe xurídico da reforma do Regulamento de costas estatal para acreditar que é contraria a dereito e pedir o seu amparo
Ángeles Vázquez lamenta os anos de escurantismo sobre o expediente de infracción aberto a España polas concesións na costa e advirte de que os cambios impulsados agora de forma acelerada van máis aló do ditame emitido pola Comisión Europea
Ángeles Vázquez salienta en Bruxelas as iniciativas postas en marcha pola Xunta para converter Galicia nunha comunidade líder en acción climática
Pon en valor a aprobación da Lei do clima, que ademais de dotar de seguridade xurídica á loita contra o cambio climático, contribuirá a que Galicia sexa neutra en emisións en 2040, dez anos antes do obxectivo proposto pola Unión Europea
A Xunta expón en Bruxelas que o desleixo do Goberno central ao non traspor a directiva de renovables lastra o seu impulso e contribúe ao parón eólico
Ángeles Vázquez considera urxente que se incorpore ao ordenamento xurídico español o recoñecemento do interese público superior deste tipo de proxectos, clave para clarificar a situación xudicial e avanzar no eido da descarbonización
A tempada de pesca fluvial comeza en Galicia para case 48.500 afeccionados con licenza vixente
Ángeles Vázquez salienta que os datos apuntan a un aumento dos amantes desta práctica deportiva xa que hai 784 licenzas máis en vigor que en 2025