Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.801 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

06/08/2025 | 14:04 | C. de Sanidade; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta sitúa en nivel laranxa a alerta por episodio de calor en zonas de Ourense e o interior de Pontevedra

Suspéndese a actividade deportiva federada no exterior na xornada de hoxe en concellos de Ourense e do interior de Pontevedra, excepto as actividades acuáticas que se recomenda non realizar nas horas centrais do día

06/08/2025 | 13:25 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e Ecovidrio colaborarán nos próximos anos para afianzar o liderado de Galicia en canto á taxa de reciclaxe de vidro, que se sitúa xa por riba do 80 %

Ángeles Vázquez salienta os bos resultados acadados na Comunidade, cunha mellora constante das cifras de recuperación destes refugallos durante o período 2021-2024 e superando xa o obxectivo fixado neste eido a nivel nacional para o ano 2025

06/08/2025 | 11:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede 33 axudas por un importe global de 90.000 € para financiar actuacións de conservación e mellora de árbores e formacións senlleiras

Este financiamento pode cubrir ata o 100 % do custo das intervencións, cun límite de 4.500 € por exemplar e de ata 8.000 € en caso de que se trate dun conxunto

05/08/2025 | 13:41 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta ultima a Lei do clima para que Galicia estea mellor preparada para afrontar episodios de calor como a vaga desta semana

Anomalías puntuais coma esta non poden atribuírse unicamente ao cambio climático, pero que cada vez son máis habituais polo quecemento global, polo que é importante adoptar medidas para facerlles fronte

05/08/2025 | 10:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Economía e Industria

A Xunta outorga a autorización ambiental integrada ao proxecto que Biofibras de Galicia prevé desenvolver nas Pontes, completando así a tramitación ambiental

A resolución, que sae publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, é un paso máis na tramitación do expediente, que agora pasa á Consellería de Economía e Industria, como órgano substantivo, para a súa autorización definitiva ou non

04/08/2025 | 18:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta lanzará este mes unha campaña para concienciar ao conxunto da cidadanía sobre o uso responsable e eficiente da auga

Ángeles Vázquez lembra a importancia de manter boas prácticas no consumo de auga todo o ano, pero especialmente no verán cando a súa dispoñibilidade é menor e a demanda sobe en moitas localidades ao aumentar a poboación polo turismo

04/08/2025 | 16:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e a Asociación Eólica de Galicia solicitan ao Tribunal Superior de Xustiza que poña fin canto antes á paralización do sector tras a sentenza europea

Celebran que a resolución do Tribunal de Xustiza de Luxemburgo garante ao fin a seguridade xurídica, xa que avala a tramitación ambiental que se fai na Comunidade

03/08/2025 | 13:46 | C. de Sanidade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta eleva o nivel de alerta por episodio de calor no sur da provincia de Pontevedra

Suspéndese toda actividade deportiva federada no exterior na xornada de hoxe, a partir das 13,00 horas, nos concellos das Rías Baixas e do interior de Pontevedra

02/08/2025 | 13:51 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Sanidade

A Xunta activa a alerta por episodio de calor no sur da provincia de Pontevedra

A alerta de nivel 1 afecta ao litoral de Pontevedra e aos concellos da zona do Miño