Actualidade
Buscador de novas
Medio Rural destina máis de 21 M€ á sanidade vexetal entre 2022 e 2026 como aposta estratéxica para seguir impulsando o sector
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias compareceu na Comisión 7ª do Parlamento, a petición propia, para dar conta das medidas da Xunta nesta materia e respondeu tamén unha pregunta sobre seguros agrarios
Medio Rural pon en valor as actuacións en materia de mobilización de terra agraria nunha xornada sobre urbanismo, vivenda e reto demográfico en Burgos
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, participou no evento e destacou a aposta da Consellería pola Lei de recuperación da terra agraria de Galicia
María José Gómez destaca os bos datos de produción no lácteo, que o consolidan como sector estratéxico do rural
A conselleira visitou a gandaría Rieiro en Santa Comba e puxo de relevo a puxanza deste eido produtivo, que no mes de agosto acadou unha cifra récord de entregas de leite con respecto ao mesmo mes de toda a serie histórica
O Consello Galego de Artesanía Alimentaria nace co obxectivo de mellorar a calidade e a promoción das producións da nosa comunidade
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, presidiu a reunión na que se constituíu este órgano consultivo dun distintivo de calidade que ampara actualmente 136 operadores da catro provincias
Medio Rural comeza as obras para dotar dunha rede de 30 novos camiños á parcelaria de Triabá, no concello de Castro de Rei
A conselleira María José Gómez salientou o investimento de máis de 4,2 millóns de euros ata 2028 desta actuación, que inclúe canles de drenaxe e outras obras de paso
A Xunta asumirá o custo dos traballos de desescombro de San Vicente de Leira, en Vilamartín de Valdeorras
Manuel Pardo reiterou o compromiso da Xunta no financiamento das tarefas de desescombro tanto das vivendas como dos espazos públicos damnificados polos lumes
María José Gómez reafirma a importancia do Leader a prol do desenvolvemento rural nunha visita á empresa Ramiro Vila, beneficiaria destas achegas
A conselleira do Medio Rural trasladouse ata as instalacións en Monforte de Lemos para coñecer as melloras incorporadas na fabricación de maquinaria ao abeiro das axudas a terceiros da intervención Leader, cunha aportación de máis de 75.000 euros