Actualidade
Buscador de novas
Medio Rural destina 150.000 euros á mellora de 1,8 km de vías municipais en Lalín
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, comprobou o resultado das obras levadas a cabo nas parroquias de Santiso, Méixome e Vilatuxe
Belén do Campo destaca en Melide o papel dos traballos preventivos dos distritos forestais para reducir o risco de incendios
A delegada da Xunta visitou hoxe os traballos de prevención a través de desbroces e da ampliación dun cortalume que o persoal do Distrito Forestal III Santiago-Meseta Interior está a desenvolver no Concello de Melide
Manuel Pardo destaca a aposta da Xunta pola cooperación internacional na loita contra os lumes
O delegado territorial explicou que durante a súa estadía recibirán formación teórica e práctica, empregando como base o Centro Integral de Loita contra o Lume de Toén, unhas instalacións impulsadas pola Xunta e que están a consolidarse como un referente a nivel internacional no adestramento de bombeiros forestais de toda Europa
Villares e o alcalde de Cospeito avalían actuacións para mellorar as infraestruturas e servizos do municipio
A Xunta impulsou nos últimos meses obras na rede viaria, o parque empresarial ou en recursos turísticos, como a adecuación do Museo da Auga ou a próxima reforma do acceso ao miradoiro da Terra Chá
A Xunta destaca Galiforest como o gran escaparate da innovación e do potencial do sector forestal
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participa na inauguración da oitava edición desta feira, que se celebra ata o sábado no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude
Medio Rural apoia con máis de 2,8 M€ as actividades de promoción e difusión dos consellos reguladores e asociacións de produtores
A Consellería publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución destas axudas, cuxa finalidade é animar ás persoas consumidoras a adquirir produtos alimentarios incluídos no marco de programas de calidade diferenciada
Medio Rural publica a declaración de utilidade pública de tres reestruturacións parcelarias en Agolada
Trátase das de Agra-O Sexo-Val de Sangorza; Basadre-Eidián-Ramil; e A Baíña-Berredo-Órrea e abranguen en conxunto preto de 4.500 hectáreas, distribuídas en algo máis de 25.000 parcelas