Actualidade
Buscador de novas
O campamento ‘Destino Ancares’ congrega a 27 nenos e nenas no centro de formación e experimentación agroforestal de Becerreá
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, visitaron aos rapaces que desfrutan estes días de actividades ambientais, xogos, aventuras e excursións pola zona
Manuel Pardo destaca os máis de 2 M€ da Xunta para o establecemento de 52 agricultores mozos na provincia de Ourense
Para o delegado territorial estas achegas teñen como obxectivo garantir a continuidade do tecido agrario, así como incrementar a competitividade das explotacións mediante a súa modernización
Medio Rural salienta que preto do 80 % do territorio da Pastoriza está concentrado
A conselleira María José Gómez reuniuse con Darío Cabaneiro, alcalde desta localidade lucense, que recibiu da Xunta máis de 700.000 euros desde 2020 para a mellora das súas infraestruturas rurais
Medio Rural organiza en Arzúa unha xornada sobre a escarda mecánica para reducir o emprego de fitosanitarios no cultivo do millo forraxeiro
Esta acción, que terá lugar mañá xoves, está en liña coa Política Agraria Común, que leva anos establecendo unha produción sostible e respectuosa co medio ambiente
Rueda anuncia que a Xunta abre a consulta pública o anteproxecto de decreto sobre contaminación por nitratos de orixe agraria
Rueda urxe ao Goberno central que remate os estudos necesarios para declarar zonas vulnerables por presenza destes compostos, unha designación que só se debe facer se se acredita que a contaminación é producida por fontes agrarias dun xeito significativo
Medio Rural destina máis de 2,2 M€ en axudas para as agrupacións de defensa sanitaria gandeira
A Consellería do Medio Rural vén de publicar a resolución destas achegas, das que se beneficiarán 63 entidades, co obxectivo de apoiar o labor que realizan na posta en marcha de programas sanitarios e de planificación zoosanitaria
A Xunta facilita unha parcela á Comunidade de Montes de San Pedro de Labio, en Lugo, para celebrar eventos veciñais
O delegado territorial en Lugo e a directora xeral de Agader explican que a cesión é gratuíta e que a solicitude partiu da Comunidade de Montes da zona
Medio Rural achega preto de 93.000 € ao concello de Cospeito para a mellora dos seus camiños municipais
A conselleira María José Gómez reuniuse hoxe co alcalde desta localidade luguesa, beneficiaria das achegas do Plan Camiña Rural
Medio Rural publica a convocatoria de prazas de residencia e comedor en sus centros de formación
O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle hoxe a oferta, os requisitos, a forma, o lugar e o prazo para a presentación de solicitudes
A Consellería do Medio Rural promociona os produtos agroalimentarios de calidade na XXI Feira Outrora
O director da Axencia Galega da Calidade, Martín Alemparte, asistiu a esta feira na que se organizaron varias actividades para poñer en valor produtos galegos como queixos, carne ou elaboracións artesás