Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.589 novas da A Presidencia da Xunta:

17/03/2025 | 15:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

A Xunta impulsará unha norma de microcredenciais pioneira en España para potenciar a capacitación laboral aliñada coas necesidades do tecido produtivo

Destaca que ante o inmobilismo do Goberno central fronte ás recomendacións europeas neste ámbito, Galicia considera estratéxico blindar un modelo formativo áxil, flexible e non regrado que responda aos requirimentos das empresas

15/03/2025 | 14:30 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda reivindica o compromiso e “espírito de servizo” dos milleiros de voluntarios de Protección Civil que traballan por toda Galicia

Dende 2015, a Xunta destinou algo máis de 15 M€ en equipamento a agrupacións de voluntarios

14/03/2025 | 22:38 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o labor de preservación cultural na entrega dos Premios Cidades Patrimonio 2024

Puxo en valor os fitos galegos en materia de recoñecemento patrimonial, incluíndo a declaración de máis de 700 BIC e 5 Patrimonios Mundiais da Humanidade

14/03/2025 | 12:23 | A Presidencia da Xunta

Rueda inaugura a nova UCI no Hospital de Ourense que mellora a eficiencia na atención ao paciente tras un investimento da Xunta de máis de 10 M€

Salienta que se buscou habilitar un espazo co último en tecnoloxía, pero “máis humanizado” e preparado para que os traballadores exerzan “nas mellores condicións”

13/03/2025 | 19:40 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca os avances nas obras do Castelo de Monterrei e reivindica o seu papel como polo de atracción turístico e cultural

Trátase dunha das intervencións máis ambiciosas en marcha, con 14 millóns de euros de orzamento que proveñen dos Fondos Next Generation, e que abrangue máis de 20.000m2

12/03/2025 | 13:34 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

Rueda anuncia a mellora do edificio vigués ‘A Gota de Leite’ para ampliar a escola infantil e abrir a primeira unidade de atención postemperá pública de Galicia

Resalta que este enclave “emblemático e senlleiro” de Vigo vai “manter a súa esencia” ao converterse nun centro de atención integral ás familias

10/03/2025 | 18:02 | A Presidencia da Xunta

Rueda mantén un encontro co presidente do Uruguai para estreitar lazos entre os dous territorios

Destaca a unión histórica, cultural e humana entre ambos países como consecuencia da emigración galega

09/03/2025 | 19:53 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración
09/03/2025 | 10:49 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda reivindica o liderado e o talento femininos como principal camiño cara unha igualdade real e efectiva

Agradece ao Centro Gallego de Avellaneda a súa contribución para preservar a cultura galega