Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.407 novas da C. de Sanidade:

18/05/2026 | 11:18 | C. de Sanidade
16/05/2026 | 11:02 | C. de Sanidade

A Xunta adxudica por máis de 191.000 euros o subministro e instalación de lavacuñas termodesinfectadoras con destino ao Hospital Novo Montecelo

A Xunta compaxina a finalización da obra coa contratación do equipamento necesario para a posta en marcha do novo centro hospitalario

15/05/2026 | 13:28 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca o liderado de Galicia na erradicación do VIH e das infeccións de transmisión sexual como un problema de saúde pública no horizonte de 2030

Sinala que o Plan galego de infeccións de transmisión sexual incorpora un cribado oportunista nas idades de maior incidencia do VIH para facilitar un diagnóstico temperán

14/05/2026 | 21:12 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda pon ao Hospital do Salnés como exemplo do éxito do modelo comarcal na súa aposta pola "proximidade e a excelencia"

Destaca a súa capacidade para evolucionar e modernizarse sen perder a humanidade que o caracteriza

14/05/2026 | 17:18 | C. de Sanidade

A Xunta licita por 6,7 M€ a compra de material de hemostasia, estenose e embolización con destino ás áreas sanitarias do Servizo Galego de Saúde

As empresas interesadas neste contrato teñen de prazo ata o 15 de xuño para presentar as súas ofertas

14/05/2026 | 14:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Sanidade

A Xunta constitúe a Mesa do Diálogo Social de Galicia e arranca a abordaxe cos axentes sociais de temas como o benestar laboral e o impacto do absentismo

José González destaca que coa constitución formal deste espazo, recentemente institucionalizado, se abre unha nova etapa baixo un marco permanente e estable entre Xunta, patronal e sindicatos para abordar os principais retos do mercado laboral

14/05/2026 | 12:21 | C. de Sanidade

A Rede Galega de Promoción da Saúde da consellería de Sanidade participará na II Feira Saúde e Sociedade que se celebra mañá na Coruña

Esta iniciativa responde á aposta pola colaboración institucional e comunitaria para avanzar cara a contornas máis saudables e reforza a visión do Plan Obesidade Zero da Xunta

14/05/2026 | 11:38 | C. de Sanidade

O Club Baloncesto Breogán e a Deputación de Lugo amosan o seu apoio ás campañas da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue

A entidade deportiva e a ADOS desenvolven esta semana unha campaña conxunta co propósito de fomentar a doazón de sangue altruísta entre os veciños e veciñas de Lugo

13/05/2026 | 21:22 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda destaca o traballo colectivo que permitiu a gran transformación da sanidade pública desde que Galicia asumiu as competencias hai 35 anos

Asegura que se trata dun “proxecto de país” ao que contribúen administracións, sanitarios, universidades, entidades sociais e pacientes