Actualidade
Buscador de novas
A onda epidémica de gripe mantense en intensidade media con tendencia decrecente
O último informe de actividade das infeccións respiratorias agudas da Dirección Xeral de Saúde Pública indica que as persoas maiores de 80 anos son as que presentan unhas maiores taxas de ingreso hospitalario por gripe
A Xunta licita por preto de medio millón de euros a subministración de 180.000 dispositivos de autotest para o cribado de cancro de cérvix
O programa de detección precoz permitiu diagnosticar 63 cancros de colo de útero
A Xunta licita por preto de 65.000 € o servizo de impresión e montaxe dos materiais da carpeta de saúde infantil que se entrega coa cesta benvida
A Consellería de Sanidade adaptou este ano a carpeta á ampliación do calendario vacinal e do cribado neonatal, os máis completos do Estado
O conselleiro de Sanidade convida a participar no ensaio clínico Sincigal que estuda a eficacia da vacina fronte ao VRS en adultos e que recrutou xa preto de 14.000 persoas
Nestes momentos, a sanidade pública galega supera as taxas de vacinación rexistradas ao final da campaña de 2024
A campaña 'Doa sangue. O mellor agasallo' da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visita este Nadal preto dun cento de concellos galegos
A ADOS lembra a necesidade de obter, diariamente, ao redor de 400 doazóns de sangue para garantir as reservas dos diferentes compoñentes sanguíneos
Gómez Caamaño salienta o carácter humanista e solidario do doutor Diego González Rivas
O conselleiro pon en valor o compromiso coa saúde do cirurxián coruñés e remarca o orgullo que representa para Galicia contar cun referente mundial no eido da cirurxía torácica, converténdoo nun bo embaixador da marca Galicia Calidade
A Xunta aproba dúas novas ofertas de emprego público cun total de 123 prazas de diferentes postos da administración sanitaria
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes salienta que se ofertan “un total de 100 prazas para postos de difícil cobertura” nos diferentes centros sanitarios
A Xunta licita por máis de 105.000 € o mantemento preventivo, correctivo e de actualización tecnolóxica do equipamento do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia
As instalacións contan con equipos de identificación e confirmación analítica na área de físico-química e na área de microbioloxía, vencellados aos controis de sanidade ambiental e seguridade alimentaria
O Servizo Galego de Saúde recibe tres novos recoñecementos internacionais pola promoción de políticas contra o impacto ambiental na actividade asistencial
Foi recoñecido coa distinción de ouro nos prestixiosos Premios Health Care Climate Challenge Awards na categoría de resiliencia climática, liderado climático e mitigación do cambio climático