Actualidade
Buscador de novas
A Xunta inclúe as súas prioridades nas conclusións da reunión preparatoria do Cumio Ibérico
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na Comisión Luso-Española para a Cooperación Transfronteiriza en Tordesillas, onde presentou as prioridades galegas en mobilidade, cooperación en materia laboral, turismo e desenvolvemento territorial
A Xunta destaca a importancia das instalacións deportivas na saúde e o benestar da poboación
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou Valga para coñecer o complexo deportivo conformado polos campos de fútbol de Baño e Campaña e o polideportivo de Beiro
A Xunta apoia 18 proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global
O Diario Oficial de Galicia publica as entidades beneficiarias que ao longo deste ano e tamén en 2027 levarán a cabo iniciativas centradas na sensibilización, formación, investigación e mobilización social en materia de cooperación para o desenvolvemento
A Xunta financia con 30.000 euros a renovación da pasarela de madeira do paseo de Pontellas, en Cerdido
A delegada de Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do alcalde da localidade, Alberto Rey, visitou esta mañá a zona de acceso á área recreativa do Castro para supervisar o resultado destes traballos
O Plan específico de acción comunitaria da Xunta apoia a 90 colectivos veciñais ourensás no seu labor dinamizador no ámbito local
Manuel Pardo explicou que no caso desta asociación, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes fixo un achega no ano 2025 para levar a cabo actuacións encamiñadas a optimizar a accesibilidade do local, e implementar melloras que contribúan á eficiencia enerxética e seguridade do recinto
A Xunta resalta a importancia de buscar vías alternativas para resolver os conflitos familiares
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou na apertura das ‘X Xornadas de Dereito de Familia, que se desenvolven ata mañá na Coruña’
A Xunta reforza o apoio aos concellos, a atención ás emerxencias, os servizos de xustiza e a mobilidade sostible con novas medidas e incrementos orzamentarios en 2027
Diego Calvo destaca como principais novidades o programa Concellos en Rede, que lles facilitará ás administracións locais compartir profesionais, as axudas para a adquisición de vehículos de emerxencias e a activación da plataforma MoBT en taxi no rural