Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.801 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

14/07/2026 | 11:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina os 3 M€ da liña competitiva do Fondo de Compensación Ambiental a máis dun cento de proxectos de entidades locais

O Diario Oficial de Galicia publica as iniciativas presentadas polas entidades beneficiarias, unha ducia delas promovidas por mancomunidades e consorcios, 16 por agrupacións de concellos e 80 proxectos de concellos, para accións a prol da biodiversidade, do coñecemento dos recursos naturais, da recuperación da contorna e da eficiencia enerxética

13/07/2026 | 18:28 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

A Xunta destaca o novo centro social de Carballeda de Avia como exemplo da aposta do Goberno galego pola revitalización do rural

O Executivo autonómico achegou máis de 285.000 euros ao equipamento de Muimenta, no marco do Plan de Investimentos

13/07/2026 | 15:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 150.000 € para apoiar seis microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior

O Diario Oficial de Galicia recolle que se financiarán actuacións promovidas polas entidades Beyond Suncare, Fundación Ayuda Solidaria Hijas de Jesús, Miradas al Mundo, Busca e Rescate Integral en Emerxencias de Galicia (Briegal) e Semilla para el Cambio 

12/07/2026 | 10:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a coordinación coas asociacións venezolanas e cos centros galegos para apoiar ás persoas afectadas polos terremotos rexistrados

Na xuntanza participaron representantes da Hermandad Gallega de Venezuela e da Federación de Centros Españoles de Venezuela, así como da Federación Venezolana de Galicia e das asociacións venezolanas nas catro provincias galegas

11/07/2026 | 14:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia da mellora de pistas forestais para contribuír á prevención dos incendios forestais

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, percorreu hoxe a nova pista forestal de case un quilómetro no municipio de Camariñas, na que a Xunta investiu máis de 30.600 euros 

11/07/2026 | 13:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para mañá alerta laranxa por tormentas e chuvias na Mariña lucense e amplía ao centro de Lugo a activa hoxe en toda a provincia da Coruña

Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal)

10/07/2026 | 18:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para mañá a alerta laranxa por tormentas e chuvias no noroeste e interior da provincia da Coruña

Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal)

10/07/2026 | 14:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta recibe o equipo que participou nas tarefas de busca e rescate tras os terremotos de Venezuela

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, destacou a vocación de servizo, a preparación e a capacidade de resposta dos profesionais galegos en emerxencias internacionais