Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destaca a importancia da formación dos profesionais do ámbito xurídico co obxectivo de reforzar a protección do patrimonio
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participa hoxe na inauguración do curso ‘A protección do patrimonio histórico e a súa conexión co urbanismo’, organizado polo Consello Xeral do Poder Xudicial e a Xunta
A Xunta aborda cos concellos da área da Coruña as melloras do transporte metropolitano
A reunión enmárcase no compromiso do Goberno galego de reforzar o diálogo cos municipios no seo da ATM da Coruña
A Xunta agarda que as deputacións provinciais se impliquen tamén na proposta coordinada por Aena para captar novas rutas aéreas
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes reuniuse hoxe con representantes dos organismos provinciais da Coruña, Ourense e Pontevedra para abordar a postura do Goberno galego neste obxectivo
Belén do Campo amosa o seu respaldo aos concellos de Laxe, Malpica, Ponteceso e Cabana de Bergantiños ante os problemas de conectividade e reclama solucións urxentes á operadora
A delegada da Xunta subliñou que se trata dun problema que afecta a servizos esenciais, como o funcionamento dos propios concellos, o tecido produtivo local ou o funcionamento diario dalgúns trámites dos centros de saúde, e que “non pode normalizarse no rural galego”
A Xunta proponlle ao concello de Cangas de Morrazo a implantación dun servizo de interese municipal para reforzar o transporte durante o verán
A directora xeral de Mobilidade reuniuse hoxe coa alcaldesa para abordar as necesidades de mobilidade do municipio como é o caso da implantación dun SIMU para dar resposta aos desprazamentos con Donón e Vilanova na época estival
A sede da Xunta en Lugo inaugura unha exposición sobre os 40 anos de Amnistía Internacional na provincia
Repasa algúns dos casos nos que se implicou o colectivo lucense, a través de artigos xornalísticos, fotografías ou cartas dos afectados e as súas familias