Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destina 12.000 € á rehabilitación do local social da asociación de veciños A Sociedade de Carcacía-Rumille de Padrón
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou as obras realizadas ao abeiro das axudas do Plan específico de acción comunitaria, que neste caso permitiron levar a cabo o acondicionamento do tellado e outros arranxos no interior do inmoble
A Xunta reúnese cos concellos da Área de Transporte Metropolitano de Santiago para avaliar o estado do servizo
A directora xeral de Mobilidade reúnese con representantes dos 18 concellos da área para avaliar o funcionamento do sistema e atender as necesidades trasladadas polos municipios
A Xunta apoia o VIII Torneo de Nadal de Fútbol Sala organizado por Lugo Sala, que reunirá 77 equipos
O delegado territorial, Javier Arias, participou hoxe na presentación das competicións, que congregarán a máis dun milleiro de xogadores nas diferentes categorías
A Xunta advirte ao Ministerio do Interior de que, de seguir coa merma de axentes, a UPA non poderá garantir a prestación de servizos que non son de competencia autonómica
O Goberno galego reitera ao Executivo estatal a súa total disposición para chegar a unha proposta consensuada e avalada por ambas as partes que permita asinar un novo convenio e completar as prazas vacantes na Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia
A Xunta abre a convocatoria do programa ‘Iacobus’ para impulsar a cooperación científica transfronteiriza na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
Esta nova convocatoria está dotada de 210.000 euros para as tres modalidades do programa, isto é, Estancias de Investigación, Publicacións Científicas (Papers) e Patentes
A Xunta destaca o proceso participativo na elaboración da nova Lei de Administración Local de Galicia
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes aborda no Parlamento as novidades e obxectivos da norma que iniciará a tramitación parlamentaria en 2026
Manuel Pardo enxalza á provincia de Ourense como referente do turismo activo
O delegado territorial significou que dende a Xunta estase a traballar para que o turismo activo convértase nun segmento que contribúa á desestacionalización e diversifique a oferta e o perfil de visitantes que chegan á provincia
A Xunta financia a adquisición dun vehículo cero emisións/eco para o servizo de medio ambiente do concello de Xunqueira de Espadanedo
Manuel Pardo explicou que a adquisición foi cofinanciada pola Xunta a través dun convenio de colaboración da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, cunha achega de preto de 40.000 euros