Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 16.686 novas:

25/09/2024 | 15:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta promove o espírito emprendedor a través da convocatoria do plan Eduemprende, que estará aberta ata o 10 de outubro

A directora xeral de FP reúnese cos coordinadores de emprendemento da Rede de centros integrados de FP para intensificar a colaboración entre eles

25/09/2024 | 15:31 | C. do Mar

Cetmar presenta un estudo sobre a evolución dos informes Sofia da FAO respecto ao estado mundial da pesca e a acuicultura

O informe elaborado polo Centro Tecnolóxico do Mar para a Asociación Española de Maioristas, Importadores, Exportadores e Transformadores de Produtos da Pesca e  Acuicultura-Conxemar inclúe recomendacións para o sector galego e nacional

25/09/2024 | 15:21 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

Arias anima aos usuarios do Bono Turístico da Xunta a empregalo nalgún dos 79 aloxamentos lucenses participantes

O delegado territorial visitou un dos establecementos adheridos, situado en Outeiro de Rei, onde lembrou que poden seguir sumándose novos negocios ata o 2 de decembro

25/09/2024 | 15:12 | C. de Sanidade

Os usuarios e traballadores da residencia de maiores da Milagrosa reciben hoxe a vacina fronte á gripe e á covid-19

A campaña desenvolverase de forma progresiva entre a poboación diana ata o 31 de decembro

25/09/2024 | 15:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia a adquisición dunha furgoneta eléctrica para os servizos municipais do concello de Quintela de Leirado cunha achega de case 30.000€ do Fondo de Compensación Ambiental

Manuel Pardo destacou que o concello de Quintela de Leirado leva anos apostando pola optimización enerxética e a implantación de tecnoloxías eficientes e respectuosas co medio ambiente na súa atención aos veciños

25/09/2024 | 15:01 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria

Rueda destaca o papel clave dos centros tecnolóxicos na innovación e competitividade da industria galega

Salienta a importancia de seguir fortalecendo os centros tecnolóxicos ao actuar como nexo esencial entre a investigación e o tecido produtivo, facilitando a transferencia de coñecemento e innovación ás empresas

25/09/2024 | 14:47 | C. de Política Social e Igualdade

Belén do Campo anuncia na casa niño de Vilarmaior que a comarca de Betanzos contará cun novo servizo deste tipo, o que eleva a sete os centros nesta área

Ademais, e como novidade, a convocatoria deste ano incluíu unha axuda complementaria de 150 euros semanais durante o tempo que dure a baixa de maternidade ou paternidade da persoa encargada do servizo. Esta axuda é para todas as casas niño

25/09/2024 | 14:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta renova a cuberta do IES Indalecio Pérez Tizón e instala novas luminarias e paneis interactivos no San Paio

A obra levouse a cabo durante os meses de verán para non interferir co normal funcionamento do centro

25/09/2024 | 14:42 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A carpa de ‘Circo de Pinocho’ instálase en Redondela co apoio da Xunta para acoller as primeiras 10 funcións do espectáculo

A última montaxe da compañía galega estréase o venres 4 de outubro e permanecerá no recinto do aparcadoiro da Marisma ata o día 13