Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 16.504 novas:

20/09/2024 | 13:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Ana Ortiz destaca os avances do proxecto pioneiro de arraigamento para a formación co gallo de facilitar a integración laboral de migrantes

A delegada territorial da Xunta en Vigo participou na presentación do III Encontro Empresas con Corazón organizado por Cáritas Diocesana

20/09/2024 | 13:52 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García gaba o labor do sector audiovisual na promoción do uso da lingua galega

O secretario xeral da Lingua, participa nas xornadas O futuro das localizacións nas novas tecnoloxías do audiovisual

20/09/2024 | 13:49 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa no ‘Pont-Up Store 2024’ un xogo do emprendemento para animar ás novas xeracións a crear os seus propios negocios

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais participou hoxe na inauguración do evento que ten lugar entre hoxe e mañá en Pontevedra

20/09/2024 | 13:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e Asotrame sensibilizan ao alumnado co gallo do Día do doante de médula ósea

O conselleiro de Educación coñece as actividades que a asociación realiza cos centros educativos grazas ao convenio de colaboración

20/09/2024 | 13:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa a colaboración entre os tres Campus de Especialización para fortalecer o Sistema Universitario de Galicia

O obxectivo é establecer sinerxías e accións estratéxicas que sumen e se complementen á hora de acadar resultados de investigación

20/09/2024 | 13:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon o centro de innovación Norvento Enerxía como exemplo de desenvolvemento sostible e compromiso coa descarbonización

Ángeles Vázquez salienta o máximo apoio e impulso da Administración autonómica ás enerxías renovables, á descarbonización e ao emprego verde co obxectivo de garantir o equilibrio entre o coidado do territorio e o desenvolvemento da economía

20/09/2024 | 13:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Delegación Territorial da Xunta en Ferrol pon a proba o seu plan de autoprotección nun simulacro de incendio

A delegada territorial, Martina Aneiros, participou no exercicio no que foron evacuados preto dun centenar de persoas, entre persoal do edificio administrativo e cidadáns

20/09/2024 | 13:11 | C. do Mar

Villares reclama ao Goberno central maior implicación na promoción dos produtos pesqueiros para reforzar as campañas da Xunta e do sector

O responsable autonómico puxo en valor o traballo do Goberno galego na mellora da comercialización do peixe, marisco e conservas e situou estes produtos como esencias para acadar a necesaria soberanía alimentaria de Europa

20/09/2024 | 12:54 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta convoca a IV edición do concurso ‘Ciberseguridade no Cole!’ e obradoiros para concienciar a escolares sobre o uso seguro das redes

Alumnado de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º da ESO deberán demostrar no concurso os seus coñecementos sobre seguridade no uso das tecnoloxías da información

20/09/2024 | 12:50 | C. de Sanidade

A Xunta pon en marcha o luns a nova campaña de vacinación coa novidade da aplicación en nenos e nenas da intranasal fronte á gripe

O Goberno galego fixa como obxectivos desta campaña incrementar as taxas de vacinación fronte á gripe en persoal sanitario, nenos e embarazadas