Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 419 novas da Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación :
02/05/23 | 15:26  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

A Xunta colabora con diferentes entidades sociais para impulsar a protección dos consumidores máis vulnerables

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou nunha xornada de traballo coas organizacións coas que se impulsarán máis de 50 talleres formativos sobre temáticas como os dereitos das persoas consumidoras e a subministración de enerxía

02/05/23 | 14:07  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

A Xunta destaca que a aposta polas enerxías verdes vai permitir que empresas como Invenergy Services viva un momento de grandes oportunidades

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, estivo hoxe nas instalacións desta empresa nas Somozas, onde explicou que a prioridade do Goberno galego no sector eólico é favorecer un desenvolvemento ordenado e compatible co medio ambiente

01/05/23 | 12:30  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

A XXVI Feira de Artesanía de Ourense conta coa participación de 19 obradoiros de Artesanía de Galicia

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, acompañada pola xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, e o director do Centro de Referencia Nacional de Artesanía, Antonio Suárez, visitou esta mañá a feira que se celebra na rúa do Paseo ata o domingo 7 de maio
 

30/04/23 | 10:01  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

A Xunta impulsa a comercialización da Artesanía de Galicia con apoios para a participación e a organización de feiras

A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación acaba de publicar un programa de axudas por 265.000 euros do cal poden beneficiarse obradoiros artesanais, concellos e asociacións profesionais e empresariais do sector
 

29/04/23 | 11:01  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

A Xunta esgota o crédito destinado ao programa Galicia Renova Electrodomésticos tras recibir máis de 19.000 solicitudes

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, aproveitou a visita realizada esta mañá a Zapping TV, en Lalín, para agradecer a colaboración dos 491 establecementos adheridos a esta campaña
 

28/04/23 | 15:12  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

A Xunta salienta que a nova Estratexia de Especialización Intelixente é unha oportunidade para transformar Galicia a partir da I+D+i

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, informou esta mañá no Parlamento de Galicia sobre a nova folla de ruta que guiará a política de I+D+i de Galicia ata 2027

28/04/23 | 14:31  | A Presidencia da Xunta; C. de Promoción do Emprego e Igualdade; Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

Rueda salienta o bo clima de diálogo social en Galicia que permite axilizar e activar inversións industriais

Agradece a colaboración de patronal e sindicatos na reclamación de financiamento europeo para proxectos estratéxicos para a comunidade e tamén na demanda do impulso de “infraestruturas xustas”, como o Corredor Atlántico do Noroeste

28/04/23 | 13:31  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

Bodegas Valtea presenta unha edición limitada de Albariño para conmemorar o 25 aniversario de Galicia Calidade

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, destaca a filosofía de sustentabilidade e bioeconomía circular que promove esta empresa vinícola

28/04/23 | 12:34  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

A Xunta subliña en Santiago o papel da artesanía como modelo de inclusión laboral para persoas con diversidade funcional

A Fundación Artesanía de Galicia colabora coa Universidade de Santiago de Compostela na xornada Educación, Artesanía e Inclusión: novos desafíos para vellas demandas que se celebra hoxe no Colexio de Fonseca

28/04/23 | 12:11  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

Martina Aneiros destaca a importancia das novas tecnoloxías e o deseño na vida cotiá durante a apertura do espectáculo ‘Explorando o futuro’

A iniciativa, enmárcase no programa D’Tec da Xunta de Galicia, orientado ao fomento das vocacións científico-tecnolóxicas entre os máis novos

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: