Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 37.644 novas:

18/07/2026 | 13:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor o mercado ‘Sabor a novo’ que se celebra esta fin de semana en Santiago

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse hoxe ata o Pazo de San Lourenzo para apoiar os 13 obradoiros de Artesanía de Galicia que participan

18/07/2026 | 12:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras mellora do estacionamento público na contorna da Ponte da Barca, en Poio

A intervención enmárcase no Plan Hurbe e suporá a mellora do firme e as beirarrúas existentes, así como a eliminación de barreiras arquitectónicas para acadar unha contorna máis segura, accesible e homoxénea

18/07/2026 | 12:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por máis de 111.000 € un programa pioneiro para promover a correcta xestión de residuos entre universitarios con vivenda compartida

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático porá en marcha o curso que vén este plan piloto, centrado nun colectivo de gran relevancia por atoparse nun momento vital de adquisición de hábitos propios de consumo e convivencia

18/07/2026 | 11:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Villares insta á Deputación de Lugo a aclarar o seu grao de implicación no futuro do Muferga

O delegado territorial da Xunta lembra que a institución provincial non asiste ás reunións do Padroado desde 2024 nin formalizou aínda a achega correspondente ao ano pasado

18/07/2026 | 10:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a consulta pública o borrador do novo Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2026-2030

Este procedemento ten como obxectivo recibir suxestións da cidadanía ata o 1 de agosto

18/07/2026 | 10:52 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o labor de entidades como Forma-t a prol da cualificación conectada coas necesidades de talento do tecido empresarial

González salienta o potencial das instalacións e equipos desta empresa especializada na formación en sectores como o eólico, marítimo ou forestal, que facilitan a práctica de distintas tarefas e a simulación de situacións que se poden dar no eido laboral

18/07/2026 | 10:44 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta convoca a segunda edición do certame ‘Bibliotecas que inspiran’

O obxectivo desta iniciativa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude pretende recoñecer proxectos cunha boa práctica de xestión e resulten nun mellor servizo á cidadanía

18/07/2026 | 10:10 | C. do Medio Rural

Medio Rural apoia con case 290.000 euros a Agrosoneira para favorecer a transformación e comercialización de produtos agrarios

Para facelo, están a desenvolverse diversas accións formativas dirixidas a estes axentes, e nas que ten participado o director xeral de Defensa do Monte, co fin de trasladarlles a importancia da súa implicación fronte ao lume

17/07/2026 | 21:03 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o seu apoio ao sector vitivinícola e ás iniciativas que dinamizan a economía do rural na Festa do Viño de Meaño

María José Gómez participou na inauguración deste evento, na que destacou a importancia deste tipo de celebracións para xerar cohesión social nestas zonas