Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 37.651 novas:

20/07/2026 | 13:26 | C. do Medio Rural

Medio Rural inviste preto de 470.000 euros para impulsar pasteiros nos concellos da Lama e Cerdedo Cotobade

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, visitou hoxe as zonas nas que se desenvolveron, nunha superficie total de 64 hectáreas

20/07/2026 | 12:41 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financiará con 150.000 € a fase final do novo edificio polivalente de Rodeiro, que acollerá o futuro centro de día e o punto de atención infantil

Fabiola García destaca a importancia deste novo centro, que servirá para favorecer o apoio ás familias e reforzar a conciliación da vida laboral e familiar dos veciños

20/07/2026 | 12:27 | C. do Medio Rural

Medio rural recomenda intensificar a vixilancia ante o incremento da presenza de defoliadores do millo

A Consellería lembra que a detección de masas de ovos e de larvas de primeiros estadios é o momento no que as medidas de control son máis eficaces e que, de ser necesaria unha intervención fitosanitaria, deberán empregarse produtos autorizados

20/07/2026 | 12:10 | C. do Medio Rural

A Xunta reforza a coordinación policial na loita contra os incendios forestais na provincia de Lugo

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, presidiu a reunión do comité provincial no que se informou sobre o desenvolvemento do operativo na campaña de alto risco

20/07/2026 | 11:54 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta aposta pola investigación e a divulgación académica para preservar e difundir os valores do Camiño de Santiago

Xosé Merelles presentou ao historiador italiano Paolo Cozzo, encargado da conferencia inaugural deste encontro que se desenvolve no Museo das Peregrinacións ata o vindeiro xoves

20/07/2026 | 11:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta agradece a implicación das preto de 50 persoas formadoras de entidades galegas do exterior que se beneficiaron do programa Escolas Abertas 2026

Na entrega de diplomas previa á gala de clausura desta noite en Lugo, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo en valor esta iniciativa coa que se levan cualificado unhas 2.000 persoas  

19/07/2026 | 19:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o liderado universitario de Galicia no eido matemático a nivel estatal

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP inaugura o XXVII Encontro Nacional de Estudantes de Matemáticas que se celebra esta semana en Santiago

19/07/2026 | 16:07 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Sanidade

A Xunta activará mañá luns a alerta amarela por episodio de calor na área isoclimática de Valdeorras

O nivel 1, amarelo, afectará aos concellos do Barco de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, Vilamartín de Valdeorras

19/07/2026 | 15:24 | C. do Mar

Villaverde asiste aos actos festivos do Carme en Cambados para amosar o seu recoñecemento aos profesionais do mar

A responsable autonómica tamén visitou a carpa da XXII Festa de exaltación da vieira para poñer en valor a calidade dos produtos do noso mar