Actualidade
Buscador de novas
A Xunta aposta pola investigación e a divulgación académica para preservar e difundir os valores do Camiño de Santiago
Xosé Merelles presentou ao historiador italiano Paolo Cozzo, encargado da conferencia inaugural deste encontro que se desenvolve no Museo das Peregrinacións ata o vindeiro xoves
A Xunta agradece a implicación das preto de 50 persoas formadoras de entidades galegas do exterior que se beneficiaron do programa Escolas Abertas 2026
Na entrega de diplomas previa á gala de clausura desta noite en Lugo, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo en valor esta iniciativa coa que se levan cualificado unhas 2.000 persoas
Román Rodríguez destaca o liderado universitario de Galicia no eido matemático a nivel estatal
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP inaugura o XXVII Encontro Nacional de Estudantes de Matemáticas que se celebra esta semana en Santiago
A Xunta activará mañá luns a alerta amarela por episodio de calor na área isoclimática de Valdeorras
O nivel 1, amarelo, afectará aos concellos do Barco de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, Vilamartín de Valdeorras
Villaverde asiste aos actos festivos do Carme en Cambados para amosar o seu recoñecemento aos profesionais do mar
A responsable autonómica tamén visitou a carpa da XXII Festa de exaltación da vieira para poñer en valor a calidade dos produtos do noso mar
Ángeles Vázquez salienta o papel clave que teñen en Galicia a actividade cinexética e a pesca fluvial para garantir o equilibrio ecolóxico do medio natural
Lembra que para facilitar o seu labor, o departamento autonómico ofrece cada ano axudas dirixidas tanto aos Tecores como ás sociedades colaboradoras de pesca
A Xunta clausura hoxe en Boiro unha nova Feira galega de artesáns
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou esta mañá a ‘Feira Galega de Artesáns’ que arrancou o pasado venres e na que participan 14 obradoiros inscritos en Artesanía de Galicia
Medio Rural impulsa unhas xornadas para poñer en valor o selo artesanía alimentaria a través da divulgación e a degustación dos seus produtos
A iniciativa “Aula Aberta” achegará ao público os derivados cárnicos e lácteos artesanais da man de produtores, investigadores e centro tecnolóxicos
A Xunta destina 1,8 M€ a pór en marcha programas sociais para a xuventude e o voluntariado con cargo ao 0,7 % do IRPF
O Diario Oficial de Galicia acaba de publicar estas axudas dirixidas ao terceiro sector para a realización de proxectos relacionados coa saúde ou o emprego, entre outros