Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 39.734 novas:

30/09/2026 | 11:53 | C. de Sanidade

A Xunta e o concello da Lama asinan o convenio de colaboración para a reforma do centro de saúde do municipio cun investimento conxunto de 225.000 euros

As actuacións que se levarán a cabo permitirán eliminar as humidades e mellorar a eficiencia enerxética, ademais de modernizar o centro adaptándoo ás necesidades actuais en materia sanitaria e de accesibilidade

30/09/2026 | 11:51 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta recupera restos da idade do bronce na Cova Eirós que certifican o seu uso funerario

Os achados pertencen á campaña arqueolóxica impulsada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en colaboración coa Universidade de Santiago, da de Oviedo e da Rovira i Virgili de Tarragona

30/09/2026 | 11:29 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Anxo M. Lorenzo salienta a contribución do Museo Etnolóxico de Ribadavia a “recuperar e preservar o patrimonio inmaterial da comarca do Ribeiro”

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destaca a “programación próxima” do centro da Xunta “procurando a participación da veciñanza”

30/09/2026 | 11:00 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta dá luz verde ambiental con condicións á instalación dun campamento turístico en Cuntis

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que o proxecto teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

29/09/2026 | 20:59 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello lucense de Ourol, parroquia de Merille

O lume iniciouse ás 17,02 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas

29/09/2026 | 19:42 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda destaca a aposta real da Xunta por aumentar a oferta de vivenda, con 4.000 fogares públicos xa en marcha

Fai fincapé en que se está cumprindo o compromiso de duplicar o parque público de vivenda, chegando a 8.000 fogares antes de que remate 2028

29/09/2026 | 19:34 | C. de Facenda e Administración Pública

A EGAP reivindica a formación e a profesionalización do persoal público como claves para avanzar cara á unha administración máis transparente e próxima

A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, participou esta tarde na clausura da XI edición do Congreso internacional de Transparencia e Goberno Aberto, celebrado na USC

29/09/2026 | 19:15 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Anxo M. Lorenzo destaca “o labor a prol da lingua e da cultura” do Premio de Poesía Afundacion

Sinala a importancia de apoiar citas como esta porque “contribúen a enriquecer e prestixiar a nosa produción poética”

29/09/2026 | 18:12 | C. de Sanidade