Actualidade
Buscador de novas
Medio Rural recoñece o traballo de Kiwi Atlántico no marco da nova estratexia de prevención de perdas e loita contra o desperdicio alimentario en Galicia
Gómez lembrou esta iniciativa, anunciada esta mesma semana no Consello da Xunta, que se elaborará e presentará neste 2026 e que conta cun marcado carácter social
María José Gómez destaca o sector alimentario como un eido estratéxico para Galicia que supón o 6,4% do PIB
Sinalou así que este eido xera máis de 100.000 empregos e supera os 4.000 millóns de euros en exportacións
Medio Rural dedica 8,6 M€ á modernización de equipamentos agrarios e á mitigación do cambio climático
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá unha explotación en Monfero, onde puxo en valor estas achegas para a compra de equipamentos eficientes e de agricultura de precisión
Medio Rural declara de utilidade pública o primeiro polígono agroforestal de iniciativa privada de Alto Castiñeira para mobilizar terra agraria
A Consellería do Medio Rural publica hoxe no DOG o decreto correspondente, para poñer en valor 11,58 hectáreas entre os concellos ourensáns de Ribadavia e Cenlle
A Xunta apoia os proxectos de difusión dos destinos turísticos enogastronómicos na área de Vigo
A delegada territorial de Xunta visitou este mércores a Bodega La Val tras abrir novos espazos dedicados a recepción de visitantes, catas e degustacións
Medio Rural avalía cos comuneiros de Vincios a posible creación dun pasteiro nos seus montes
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias explicou hoxe aos representantes da comunidade de montes veciñais en man común os trámites a seguir para desenvolver a iniciativa e reforzar así o pastoreo en extensivo con razas autóctonas
Medio Rural reforza a súa aposta pola formación da rama agraria cun 5 % máis de prazas e un novo ciclo no CFEA Pedro Murias de Ribadeo
A conselleira María José Gómez visitou hoxe este centro de formación, que no curso 2026-2027 impartirá o ciclo en Gandaría e Asistencia en Sanidade animal en réxime dual intensivo
Medio Rural organiza en Bilbao un novidoso evento para promover a creación de redes de contacto entre profesionais do sector agroalimentario de calidade
Trátase da iniciativa El Sabor de Galicia a un click, que contou coa presenza de 22 empresas galegas que ofrecen unha representación da versatilidade da nosa gastronomía