Medio Rural reforza a súa colaboración cos operadores de Artesanía Alimentaria para impulsar este selo

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2026

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, reuniuse hoxe con representantes da Asociación Galega de Operadores de Artesanía Alimentaria e Pensos (Agoaap). Nesta xuntanza avaliouse a situación actual do sector, a evolución dos operadores inscritos, as accións de promoción desenvolvidas e novas vías de colaboración para seguir fortalecendo este selo de calidade diferenciada.

Por outra banda, abordouse a importancia de preservar e defender o correcto uso do termo Artesanía Alimentaria, unha denominación regulada pola Xunta que identifica elaboracións que cumpren uns requisitos específicos e que achega garantías tanto aos consumidores como aos produtores.

Data de actualización: 10/06/2026