Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destaca no Brasil o valor da colaboración coas entidades locais para fortalecer os lazos coa comunidade galega no exterior
O secretario xeral da Emigración reuniuse en São José do Rio Preto co alcalde do municipio, Fábio Candido, e posteriormente visitou a sede da Casa de España, onde mantivo un encontro co seu equipo directivo e coa colectividade
A Xunta presenta no estado brasileiro de Paraná as vantaxes do retorno como unha oportunidade de futuro tanto para quen volve como para Galicia
O secretario xeral da Emigración vén de visitar por primeira vez a cidade brasileira de Curitiba, onde informou sobre a Estratexia Galicia Retorna da Xunta a un grupo de residentes nese país interesados en volver á nosa Comunidade
A Xunta urxe ao Goberno central a rectificar e considerar as microcredenciais como ferramenta clave para a inserción laboral das persoas migrantes
Poñendo en valor o modelo Galicia para captar, reter e aproveitar o talento das persoas traballadoras de xeito ordenado e planificado, José González lamentou que non se tivesen en conta as microcredenciais na reforma da Lei de estranxeiría
A Xunta pon en valor en Ourense o talento retornado a través do emprendemento ligado ao territorio
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe o estudIo de deseño e creación con pezas Lego impulsado polo enxeñeiro Pablo González, galego retornado desde Dinamarca que contou coa axuda do Goberno autonómico
A Xunta pon en valor as posibilidades do programa Retorna Cualifica Emprego para cubrir as necesidades de man de obra das empresas de Ferrolterra
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, coñeceu esta mañá de primeira man a experiencia dun galego retornado contratado na empresa Fento Jardín SL da man desta iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
A Xunta urxe ao Goberno a acelerar a homologación das titulacións universitarias dos bolseiros BEME para potenciar o seu talento e inserción laboral en Galicia
José González destacou a eficacia desta iniciativa integrada na Estratexia Galicia Retorna como instrumento de retorno e fixación de talento cualificado, e animou aos novos bolseiros a que esta experiencia sexa o inicio dun proxecto estable en Galicia
A Xunta pon en valor a nova edición do programa ‘Reencontros con Galicia’ que trouxo de regreso preto de 200 maiores de 65 anos residentes no exterior
Procedentes de Venezuela, Cuba, O Brasil, México, Bolivia, A Arxentina e O Uruguai, os participantes están aloxados nas residencias de tempo libre da Xunta en Panxón e O Carballiño e regresan mañá, salvo os que quedarán máis tempo para estar coa familia
A Xunta enxalza a Luz Casal como referente da galeguidade universal tras actuar ante preto de 2.000 persoas en Bos Aires no ‘Saborea Galicia Calidade’
Coincidindo coa celebración do Día da Hispanidade, a artista ofreceu un concerto a pasada noite no centro cultural Palacio Libertad dirixido tanto á colectividade galega residente no país como ao público arxentino
A Xunta reivindica o papel do Centro Gallego de la Plata e consolidará os lazos coa emigración galega nesta cidade cunha mouteira do Camiño de Santiago
José González participou nos actos do Día da Hispanidade promovidos pola comunidade española da cidade, durante os que a Municipalidade fixo entrega da autorización para a futura instalación dunha mouteira do Camiño de Santiago