Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.535 novas da área temática Medio ambiente:

25/07/2026 | 10:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta instala 27 paneis divulgativos para informar e sensibilizar á cidadanía sobre o risco de inundación en distintos puntos dos ríos Fontecova, Trasposta e Pé de Boi, en Viveiro

O obxectivo de Augas de Galicia é advertir dos perigos asociados ás áreas de risco potencial significativo de inundación e dar a coñecer as medidas preventivas e as pautas de actuación recomendadas en caso de producirse algún episodio de desbordamento

24/07/2026 | 13:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta habilita a partir de mañá 2,5 M€ en axudas para promover a protección ambiental e a seguridade na actividade mineira en Galicia

As axudas oscilan entre os 150.000 e os 3.000 euros e xa se poden solicitar a partir de mañá

24/07/2026 | 12:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta outorga autorización ambiental integrada ao proxecto para a ampliación da planta de elaboración de produtos alimentarios procesados de Profand, en Cambre

Con esta resolución dáse por completada a tramitación ambiental da iniciativa por parte da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

23/07/2026 | 18:08 | Axencia de Turismo de Galicia

O delegado da Xunta en Pontevedra destaca o impacto das axudas para actuacións de embelecemento en establecementos turísticos do litoral

Pablo Fernández visitou o Hotel Spa Galatea, en Sanxenxo, que recibiu unha achega total de preto de 24.000 euros

23/07/2026 | 17:26 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Lalín abordan diversos proxectos para mellorar o saneamento na localidade

Ángeles Vázquez lembra que o Goberno galego ten o firme compromiso de apoiar técnica e economicamente aos concellos para que poidan exercer as súas competencias en materia de augas dun xeito máis eficiente

22/07/2026 | 16:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destinará 60.000 € á construción dun parque canino no lugar de Cubeliños, en Ribeira

O goberno galego executará os traballos, mentres que o Concello porá os terreos á disposición e se encargará do mantemento e conservación posterior das instalacións

21/07/2026 | 13:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en marcha o foro interactivo B2B para facilitar e axilizar o contacto directo entre os membros da Alianza galega polo clima

Neste novo punto de encontro dixital os membros da Alianza poderán, entre outras cuestións, intercambiar coñecemento e experiencias, crear novas conexións, impulsar e compartir avances e debater sobre temáticas de interese

19/07/2026 | 15:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez salienta o papel clave que teñen en Galicia a actividade cinexética e a pesca fluvial para garantir o equilibrio ecolóxico do medio natural

Lembra que para facilitar o seu labor, o departamento autonómico ofrece cada ano axudas dirixidas tanto aos Tecores como ás sociedades colaboradoras de pesca

18/07/2026 | 12:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por máis de 111.000 € un programa pioneiro para promover a correcta xestión de residuos entre universitarios con vivenda compartida

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático porá en marcha o curso que vén este plan piloto, centrado nun colectivo de gran relevancia por atoparse nun momento vital de adquisición de hábitos propios de consumo e convivencia