Actualidade
Buscador de novas
A Xunta insiste na necesidade de que todas as administracións se impliquen e aporten para que o grupo de traballo para a conectividade aérea de Galicia poida avanzar
A directora xeral de Mobilidade participou na primeira xuntanza do grupo creado a proposta do Goberno galego no marco do último Comité de Coordinación Aérea de Galicia
A Xunta pon en valor o Plan de transporte público de Galicia ao que en 2026 se destinarán máis de 160 M€ para o funcionamento do servizo e o mantemento das bonificacións
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, explicou no Parlamento galego que o Goberno galego trata de ofrecer solucións ás demandas da cidadanía coa dotación de máis prazas e frecuencias e axustes de horarios para adecuar a oferta de servizos ás novas necesidades
A Xunta activa a alerta laranxa por chuvia nas provincias da Coruña e de Pontevedra
Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal)
A Xunta aproba a revisión da composición e votos dos departamentos e seccións que integran o Comité Galego de Transporte por Estrada
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a revisión do organismo, do que forman parte 12 asociacións e federacións, oito delas en representación do departamento de transporte de viaxeiros e as catro restantes no de mercadorías
A Xunta inviste 80.300 euros no reforzo do firme da avenida de Becerreá, en Sarria
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o Goberno galego está a traballar na rehabilitación do pavimento da estrada autonómica LU-635, que mide algo máis dun quilómetro e conecta coa LU-636 en Vilar de Sarria
A Xunta aproba definitivamente os Mapas estratéxicos de ruído da Rede autonómica de estradas de Galicia
O Diario Oficial de Galicia vén de publicar esta semana o anuncio polo que se aproba o expediente de información pública e definitivamente os mapas estratéxicos de ruído da rede de estradas de titularidade da Xunta correspondentes á cuarta fase
A Xunta reforza o apoio aos concellos, a prestación dos servizos de xustiza e a atención as emerxencias con incrementos orzamentarios en 2026
Diego Calvo destacou os aumentos do 17% na contía destinada ao eido local e de case o 20% no investimento da asistencia xurídica gratuíta, así como a aposta pola anticipación e a prevención nas emerxencias
Rueda agarda que a creación do grupo de traballo contribúa a mellorar a conectividade e aproveitar o potencial dos aeroportos galegos
O obxectivo do grupo de traballo é ter un diagnóstico sobre a situación dos tres aeroportos que permita establecer un plan de actuación para as melloras das conexións
A Xunta informa aos concellos da área do sur de Vigo de que se están a analizar as súas suxestións á reestruturación das concesións de autobús tras finalizar hoxe o prazo para remitir as súas achegas
Os 18 municipios da zona estaban convidados a trasladar as súas propostas ata este luns
A Xunta proseguirá o luns os traballos de limpeza e roza nas marxes de oito estradas autonómicas ao seu paso por once municipios das catro provincias
Continuaranse con estas tarefas en vías de titularidade da Xunta nos seus distintos percorridos polos concellos de Carnota, Teo, Brión, Coristanco, Bóveda, Ourense, A Arnoia, Cortegada, Barro, Moaña e Cangas