A Xunta completa a inscrición da primeira quenda dos cursos gratuítos de condución segura de motos deste ano, con 930 solicitudes

Neste momento se está a proceder ás comunicacións aos solicitantes, de forma escalada segundo a celebración dos oito cursos, que se impartirán o 9 de maio en Santiago, o 16 no Porriño, o 23 en Silleda e o 31 de maio en San Cibrao das Viñas

A próxima convocatoria de cursos neste ano 2026 será para o mes de setembro, abríndose o prazo de inscrición no mes de agosto

A Xunta impartiu no 2025 esta formación gratuíta dirixida a motoristas, cun total de 16 cursos, nos que xa foron formados máis de 300 motoristas

Os cursos están dirixidos a persoas maiores de 18 anos con permiso de condución de motocicletas (3 anos de experiencia no caso de permiso B), que desexen mellorar o control da motocicleta e conducir de forma máis segura

Santiago de Compostela,18 de abril de 2026

A Xunta completa a inscrición para participar este vindeiro mes de maio, nunha nova convocatoria dos cursos gratuítos de condución segura de motocicletas, tras rexistrase 930 solicitudes.

Unha vez realizada unha asignación provisional e completada a cota de inscricións máis reservas, procedeuse a pechar esta primeira quendas deste cursos. Neste momento se está procedendo ás as comunicacións aos solicitantes, de forma escalada segundo a orde dos cursos, comunicando a súa situación (admitido/en reserva/non admitido).

Nesta convocatoria para este vindeiro mes de maio, impartiranse un total de 8 cursos gratuítos de condución segura de motocicletas, cun total de 160 prazas dispoñibles.

As datas dos cursos, con horario de mañá ou de tarde, serán o 9 de maio en Santiago de Compostela, o 16 de maio no Porriño, o 23 de maio en Silleda e o 31 de maio en San Cibrao das Viñas.

A nova quenda destes cursos gratuítos da Xunta impartiranse en catro xornadas e dúas quendas diarias. Así, estas xornadas formativas distribuiranse en dous cursos por día, tendo cada un dos grupos un máximo de 20 alumnos.

Este cursos promovidos pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, contan coa entidade colaboradora, Motovial, e  están dirixidos a persoas maiores de 18 anos con permiso de condución de motocicletas (3 anos de experiencia no caso de permiso B), que desexen mellorar o control da motocicleta e conducir de forma máis segura.

Os participantes deberán asistir coa moto en bo estado e coas condicións legais de uso. Os alumnos portarán casco homologado, luvas, botas e roupa de protección, así como a documentación relativa ao seguro obrigatorio do vehículo e á ITV en vigor.

A próxima convocatoria de cursos neste ano 2026 será para o mes de setembro, abríndose o prazo de inscrición no mes de agosto.

A Xunta impartiu no ano 2025 dúas quendas, cun total de 16 cursos, nos que xa foron formados máis de 300 motoristas

Formación teórica e práctica

Trátase de cursos de formación cunha parte teórica e outra práctica, na que os participantes aprenderán a reaccionar ante situacións adversas, abordaranse temas relacionados coa normativa, con técnicas para mellorar as habilidades dos motoristas e a anticipación do risco e como reaccionar ante el.

Ademais, trataranse temas como o mantemento básico da motocicleta, a técnica e o control da freada, a xestión da traxectoria en curvas, as manobras evasivas e coa condución con pasaxeiro.

Con esta iniciativa, o departamento que dirixe María M. Allegue reafirma o seu compromiso coa seguridade viaria e a formación continua dos motoristas para reducir os riscos nas estradas galegas.

Data de actualización: 18/04/2026