Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 114 novas da área temática Discapacidade:

20/10/2023 | 15:25 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destinará 100 M€ ao ano ao bono coidado universal para axudar a todos os dependentes que son atendidos no seu fogar

Unhas 20.000 familias beneficiaranse do Bono coidado universal, axuda de 5.000 euros ao ano para todas as persoas dependentes que reciben atención nas súas casas por parte dun familiar, dun veciño ou calquera outra persoa

20/10/2023 | 13:52 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta aplaude o traballo da Fundación Mencer en favor da inclusión laboral de persoas con discapacidade

A directora xeral Begoña Abeijón visitou hoxe a panificadora desta entidade en Bergondo

18/10/2023 | 17:36 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o traballo conxunto feito con Aspanaes para seguir mellorando a atención ás persoas con espectro autista

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou hoxe as instalacións desta entidade en Monte do Gozo

18/10/2023 | 15:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta acolle ata o 6 de novembro unha exposición itinerante sobre emprego inclusivo organizada por Down Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, participou na inauguración da mostra, que busca fomentar a inserción sociolaboral das persoas con discapacidade

08/10/2023 | 15:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

Ana Ortiz destaca o labor social da II Regata inclusiva Vigo a vela

A delegada territorial de Xunta en Vigo participou este domingo na entrega de premios da segunda edición da proba náutica

08/10/2023 | 12:13 | C. de Facenda e Administración Pública

Alumnos da aula CeMIT de Ortigueira elaboran material adaptado a persoas con discapacidade con impresoras 3D

Os obxectos elaborados foron entregados á Asociación Pro Minusválidos do Ortegal, que traballa con persoas con discapacidade intelectual

07/10/2023 | 12:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia o deporte como ferramenta para a inclusión nas XI Marchas Ciclistas Unificadas Special Olympics Galicia

O Executivo autonómico avoga por seguir reforzando o traballo conxunto coas entidades do ámbito da discapacidade

06/10/2023 | 13:06 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta concede a Aspamite un vehículo adaptado para ampliar as actividades dos seus centros de día e ocupacional

O Goberno galego concedeu axudas a 80 entidades sociais que traballan no ámbito da discapacidade para a adquisición de vehículos adaptados por valor de 3,6M€