Actualidade
Buscador de novas
A Xunta reafirma o seu compromiso polo impulso do desenvolvemento social e económico do medio rural
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural participou esta tarde na mesa redonda Oportunidades de negocio no rural organizada pola asociación Semente Ribeira Sacra co apoio do Goberno autonómico
Medio Rural mellora as condicións dos bombeiros forestais laborais, que recibirán retribucións por domingos e festivos traballados
Cargos da Consellería mantiveron hoxe unha nova reunión con representantes sindicais deste colectivo, na que se acordou igualar a situación do persoal fixo discontinuo ao persoal funcionario neste eido concreto
Medio Rural regula o uso de maquinaria no período de alto risco de incendio para continuar cos traballos con maior seguridade nas horas centrais do día
A Consellería publica hoxe no DOG unha orde que concreta e desenvolve a normativa autonómica e estatal actual, para o caso de que o IRDI sexa moi alto ou extremo
Rueda reafirma o compromiso da Xunta co sector madeireiro
Resaltou a importancia do Plan director da industria forestal-madeira 2026-2028
Galicia acollerá a bombeiros forestais búlgaros para formarse co persoal de prevención e extinción de incendios da Xunta
A Consellería do Medio Rural recibirá dous grupos de 20 profesionais cada un ao longo do mes de xullo, dentro do Mecanismo Europeo de Protección Civil
A Xunta avoga por seguir colaborando coa Fundación Arume para responder ás necesidades das empresas da industria forestal-madeira
O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, e a directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, asisten ao Padroado da Fundación Arume
A Xunta fortalece a súa coordinación con outras administracións para traballar de xeito conxunto na loita contra o lume
Na xuntanza de hoxe abordouse o dispositivo integrado por máis de 7.000 efectivos para facerlle fronte á tempada de alto risco de incendios, entre os que están máis de 3.300 que dependen directamente de Medio Rural
Extinguido o incendio do concello coruñés da Capela, parroquia homónima, que afectou ao Parque Natural das Fragas do Eume
O lume comezou ás 05.27 horas do martes e afectou finalmente unha superficie de 52,85 hectáreas, das cales 39,85 corresponden a monte raso e as 13 restantes a arborado
Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 20.30 h. de hoxe
Dende as 20.18 horas de hoxe está extinguido o incendio forestal rexistrado na Capela, parroquia homónima, que afectou finalmente unha superficie de 36,72 hectáreas