Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.422 novas da área temática Medio ambiente:

22/05/2026 | 14:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina preto de 33.000 euros a unha actuación integral de restauración ambiental e paisaxística na contorna do Miradoiro da Pena do Conde, en Sober

Ángeles Vázquez pon en valor o traballo realizado para a recuperación ambiental e a restauración de infraestruturas de uso público

21/05/2026 | 14:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta denuncia que o Goberno central compromete a viabilidade das explotacións gandeiras coa súa postura sobre a protección do lobo

Ángeles Vázquez explica que o Ministerio puxo en marcha trámites non previstos regulamentariamente e manobras dilatorias cos que pretende desacreditar o traballo técnico e rigoroso feito polas comunidades autónomas sobre esta especie

21/05/2026 | 13:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental a unha planta de valorización e almacenamento de residuos de construción e demolición en San Cristovo de Cea

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña efectos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

21/05/2026 | 09:13 | C. do Mar

Villaverde salienta a traxectoria de Gumersindo Feijoo no ámbito da sustentabilidade

O catedrático de Enxeñería Química da Universidade de Santiago e director científico do Centro de Investigación Interdisciplinaria en Tecnoloxías Ambientais da USC (Cretus) ingresa como Académico Numerario da Real Academia Galega das Ciencias

19/05/2026 | 15:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta tramita a repotenciación de preto de 20 parques eólicos para eliminar 626 aeroxeradores e aumentar nun 35% a súa produción de enerxía renovable

A maiores dos cinco parques galegos repotenciados antes de 2020, só nos dous últimos anos o Executivo autonómico autorizou xa oito proxectos deste tipo e recibiu nove solicitudes máis, que se atopan en fase de avaliación ambiental

19/05/2026 | 14:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A tempada xeral de caza comezará o 18 de outubro e estenderase ata o 6 de xaneiro de 2027

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2026-2027

18/05/2026 | 16:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación fluvial na contorna do encoro da Baxe nos concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña

As tarefas que está a executar Augas de Galicia consisten na retirada de árbores caídas e roza de biomasa e vexetación en camiños do perímetro do encoro

16/05/2026 | 11:47 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia exporta o seu modelo de xestión de residuos e de inspección ambiental a Macedonia do Norte no marco do proxecto europeo Twinning

Tendo en conta que a infraestrutura operativa de Sogama se sitúa entre as máis modernas e eficientes da súa tipoloxía, a través desta iniciativa a empresa pública galega transfire o seu coñecemento ao país balcánico para que avance cara a un modelo funcional, moderno e eficiente

15/05/2026 | 16:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aposta polas ferramentas virtuais para axudar á cidadanía a separar ben e dar unha segunda vida a un maior volume de residuos

Ángeles Vázquez salienta que Sogama vai incorporar á súa páxina web un chatbot baseado en intelixencia artificial para dar resposta inmediata ás dúbidas da cidadanía sobre reciclaxe e sustentabilidade

15/05/2026 | 15:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon os concellos ourensáns como exemplo de compromiso coa acción climática ao recibir o 42% do orzamento das axudas para o impulso de espazos verdes

Ángeles Vázquez salienta que este é o segundo ano que o Goberno galego convoca unha liña de axudas para apoiar os municipios no desenvolvemento de políticas locais de adaptación fronte ao quecemento global