Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 725 novas da área temática Cooperación:

14/04/2026 | 13:46 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño sitúa a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal na vangarda europea da innovación sanitaria co impulso do proxecto New Health centrado no paciente

O titular de Sanidade destaca a capacidade do proxecto New Health, dotado cun orzamento de case 7 M€, de xerar cambios estruturais no sistema sanitario, comezando polos eidos da oncoloxía e as enfermidades cardiovasculares

13/04/2026 | 15:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A sede da Xunta en Lugo inaugura unha exposición sobre os 40 anos de Amnistía Internacional na provincia

Repasa algúns dos casos nos que se implicou o colectivo lucense, a través de artigos xornalísticos, fotografías ou cartas dos afectados e as súas familias

13/04/2026 | 14:01 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Seis concellos da provincia de Ourense reciben axudas da Xunta para á renovación de auditorios, bibliotecas, arquivos e equipamentos culturais

O delegado territorial explicou que na provincia de Ourense foron beneficiados, ademais de Beade, os concellos de Bande, Beariz, O Carballiño, Maceda e Trasmiras

12/04/2026 | 16:42 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pecha a celebración dos Días Europeos da Artesanía con actividades en Vigo e Oia

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia visitou hoxe en Oia a iniciativa ‘Artesanía na Praza’ con talleres participativos de cerámica, coiro, madeira, xoiería e tecido

09/04/2026 | 14:41 | C. do Medio Rural

Medio Rural facilita alimentación para gando nunha explotación afectada polo incendio de Ponteareas

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, asistiu na mañá de hoxe á recepción do primeiro cargamento de alimentación para esta explotación, que conta con máis de 100 exemplares de vaca cachena en extensivo

09/04/2026 | 13:37 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles reforza en Córdoba o modelo turístico de calidade de Galicia reiterando a alianza público-privada e o diálogo constante

A comunidade logrou cifras récord en turismo en 2025, “datos que falan de éxito, pero tamén de colaboración e traballo conxunto”

08/04/2026 | 18:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca en Ourense o papel da divulgación dos oficios para a posta en valor da artesanía

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou esta tarde o obradoiro taller Arte 3, especializado en restauración e dourado, que hoxe abría as súas portas con motivo dos Días Europeos da Artesanía