Actualidade
Buscador de novas
Belén do Campo destaca o apoio da Xunta que recibirá o Concello de Frades para modernizar a súa potabilizadora municipal cun investimento de ao redor de 600.000€
A delegada da Xunta destacou a importancia da colaboración institucional entre ambas administracións para dar resposta ás demandas dos veciños de Frades e avanzar na mellora das infraestruturas e servizos públicos do municipio mentres que o alcalde lle trasladou as necesidades do seu concello
María José Gómez define o novo proxecto de Casa Grande de Xanceda como exemplo de innovación pegada ás raíces
A conselleira do Medio Rural valorou así a iniciativa desta empresa, que presentou hoxe a súa nova Kombuchería, na que elabora a kombucha de maneira artesanal, fermentada lentamente e producida integramente en Galicia
María José Gómez enxalza o papel referente de Bodegas Granbazán dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas
A conselleira do Medio Rural participou hoxe no acto polo 45º aniversario desta adega, celebrado nas súas instalacións de Vilanova de Arousa
Medio rural salienta a importancia da conservación das razas autóctonas e defende o impulso da Xunta a elas
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, visitou hoxe unha explotación de vaca cachena, onde puxo en valor esta liña de axudas que convoca anualmente a Consellería, cun orzamento de 390.000 euros
Martina Aneiros destaca a calidade dos produtos de proximidade no marco do programa de reparto de leite e froita fresca nas escolas
A delegada territorial da Xunta en Ferrol visitou esta mañá o CEIP de Pazos Mestre García Niebla, beneficiario deste programa
O matadoiro móbil de Medio Rural amplía os servizos para animais 100 % raza autóctona ovella galega e cabra galega
Figura como operador acreditado por parte da Asociación de Criadores de Raza Ovella Galega (Asovega) e a Asociación de Gandeiros da Raza Cabra Galega (Capriga) para o uso destes selos, o que permite o sacrificio de animais neste espazo
María José Gómez destaca as potencialidades do territorio galego e a diversidade produtiva durante a visita á finca A Azoreira do Valadouro
A conselleira do Medio Rural visitou a plantación de viñedo de máis de 3 hectáreas de superficie, e a cal exemplifica o amplo abano de oportunidades que brinda o sector primario en Galicia nunha zona como é A Mariña