Actualidade
Buscador de novas
María José Gómez pon en valor o pastoreo en extensivo pola súa contribución á xestión do territorio
A conselleira do Medio Rural visitou as instalacións de Gandaría Castelos, en Carral, unha das explotación ovinas máis grandes de Galicia
Medio Rural suprime as penalizacións na presentación da solicitude única da PAC polos temporais e os incendios do pasado verán
Hoxe publícase no Diario Oficial de Galicia a resolución que recoñece como circunstancias excepcionais as condicións agroclimáticas adversas derivadas das borrascas acontecidas entre novembro de 2025 e febreiro de 2026, así como os efectos dos incendios
Un total de 64 asociacións de defensa sanitaria gandeira recibirán 2,38 M€ da Xunta para reforzar o bo status sanitario do gando en Galicia
A Consellería do Medio Rural publica hoxe no DOG a resolución pola que se dá publicidade a estas axudas, coas que se financiarán os gastos da compra de material funxible e facilitarase a contratación de 162 persoas veterinarias
Medio Rural publicará este xoves a convocatoria da nova liña de achegas para a compra de equipamentos eficientes e agricultura de precisión, dotada con 8,6 M€
A conselleira María José Gómez visitou hoxe as instalacións de Maxideza en Lugo para poñer en valor estas axudas coas que se busca apoiar aos gandeiros e agricultores galegos diante do aumento dos custes de produción pola guerra en Oriente Medio
Medio Rural avanza no desenvolvemento do polígono agroforestal no Riós que mobilizará case 94 hectáreas
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, visitou hoxe os terreos nos que se desenvolverá este instrumento ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia
A Xunta e o Concello de Vilar de Santos avalían vías de colaboración a prol do desenvolvemento rural
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse hoxe co alcalde da localidade ourensá, Marcos Nogueiras, para tratar varios asuntos no ámbito da mobilidade de terras ou os camiños rurais
Medio Rural amplía a formación continua do persoal de prevención e defensa contra incendios forestais con ata 14 cursos no segundo trimestre de 2026
A conselleira María José Gómez visitou esta semana as instalacións do CILL de Toén, con motivo das dúas accións que se están impartindo actualmente nestas instalacións, unha para bombeiros forestais e outra para directores técnicos de extinción
Medio Rural destina máis de 600.000 € á mellora das infraestruturas rurais de Ribadumia
A conselleira María José Gómez visitou hoxe a zona da parcelaria de Lois-Monte, na que se van investir máis de 400.000 € para a mellora de 79 camiños, con actuacións de nova apertura, ampliación e acondicionamento en máis de nove quilómetros
María José Gómez enxalza o papel dos enxeñeiros agrícolas na modernización do campo galego
A conselleira do Medio Rural participou no acto de entrega dos Premios ao Recoñecemento Colexial San Isidro Labrador que outorga o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Ourense
Medio Rural desenvolverá un novo pasteiro de 29 hectáreas en Xunqueira de Espadanedo cun investimento de preto de 190.000 €
A conselleira María José Gómez anunciouno hoxe nun encontro con gandeiros da zona no marco da celebración da II Mostra de Gando da localidade