Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 433 novas da área temática Emigración:

28/01/2025 | 15:15 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta celebrará en marzo feiras de emprego na Arxentina e no Uruguai para potenciar a captación de talento exterior da man das empresas galegas

José González explicou as políticas que implementa Galicia para casar oferta e demanda laboral, impulsando tanto as oportunidades da forza laboral propia como a atracción de talento foráneo, sempre de xeito ordenado e da man do tecido produtivo

22/01/2025 | 13:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta abre unha nova convocatoria de 250 bolsas BEME de máster en Galicia para a mocidade galega residente no exterior

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro con bolseiros BEME do curso 2024-2025 e unha profesora dun dos másteres para destacar o impacto desta medida no retorno e na formación cualificada

20/01/2025 | 20:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta enxalza o labor das entidades galegas en Madrid visibilizando o talento profesional, empresarial e cultural da colectividade no mundo

Na xuntanza, celebrada na Casa de Galicia, participaron preto dunha vintena de asociacións culturais e profesionais que desenvolven o seu labor na comunidade autónoma de Madrid

12/01/2025 | 11:27 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Secretaría Xeral de Emigración

A Secretaría Xeral da Emigración e a Axencia Galega de Innovación avanzan na colaboración para atraer talento investigador do exterior

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión coa directora xeral da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo

09/01/2025 | 11:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda aposta por reforzar a Estratexia Retorna este ano e pide axilizar os trámites para as persoas migrantes e retornadas

Demanda ao Goberno central máis rapidez á hora de validar os títulos formativos doutros países

01/01/2025 | 09:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta beneficiou máis de 30.000 familias do exterior en 2024 coas súas iniciativas sociais e a prol do retorno

O apoio ao emprendemento galego que regresa do exterior foi decisivo en 2024, con 150 beneficiarios procedentes de 30 países e un orzamento de 1,23 millóns de euros

28/12/2024 | 10:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

Dous terzos dos concellos da nosa Comunidade contan con algunha iniciativa emprendedora liderada por galegos retornados co apoio da Xunta

Na última década, a liña de axudas ao retorno emprendedor da Secretaría Xeral da Emigración apoiou cun investimento directo de 5,3 millóns de euros a posta en marcha de máis de 800 proxectos, ubicándose case a metade -o 48%- fóra das cidades

20/12/2024 | 12:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor os máis de 800 proxectos de éxito apoiados ao abeiro do Programa Retorno Emprendedor para seguir impulsando o tecido empresarial galego

O titular de Emprego salienta as oportunidades que ofrece o talento retornado para consolidar Galicia como un referente estatal e europeo no eido do emprendemento vinculado ao territorio, avalado xa co galardón a Rexión Emprendedora Europea 2025

19/12/2024 | 10:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta amplía en case un 70 % o orzamento das axudas extraordinarias ao retorno

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que recolle este incremento que permitirá atender a alta demanda do programa e beneficiar preto de 1.200 familias retornadas este ano