Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.695 novas da área temática Sanidade:

31/07/2026 | 14:47 | C. de Sanidade

A Xunta adxudica por máis de 287.000 € a redacción do proxecto básico e de execución do novo centro de saúde de Mos

A infraestrutura sanitaria integrarase no complexo sociosanitario do Rebullón e incorporará unha área pediátrica específica 

31/07/2026 | 13:43 | C. de Sanidade

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia a convocatoria para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas sociosanitarios no ámbito dos trastornos mentais

O Executivo galego incrementa nun 25,49 % a partida destinada ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a realización de actividades que melloren a calidade de vida destes pacientes

31/07/2026 | 13:33 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda reafirma o compromiso da Xunta coa modernización integral da atención primaria para acadar unha asistencia máis próxima, moderna e resolutiva

Destaca que o novo centro do barrio compostelán ampliará espazos e servizos, facilitando que máis de 5.000 veciños e veciñas atopen aquí unha resposta sanitaria máis completa e eficaz

31/07/2026 | 12:10 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta convoca as axudas autonómicas de 12.000€ anuais para as persoas con ELA

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases da convocatoria destas achegas pioneiras dotada con 2,1M€ 

31/07/2026 | 11:29 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade activa o protocolo de actuación tras detectar un caso de sarampelo

Trátase dun varón de 40 anos que evoluciona favorablemente e se atopa en bo estado xeral

30/07/2026 | 11:58 | C. de Sanidade

A Xunta inviste 1,4 M€ no subministro de novo equipamento para o laboratorio de microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol

Esta contratación implica a renovación dos equipos automáticos para facer probas de sensibilidade aos antibióticos, para a identificación bacteriana rápida e para a renovación de material de tinguidura

30/07/2026 | 09:35 | C. de Sanidade

O concello da Estrada participa na campaña estival ‘Un alento de vida’ da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue

O municipio pontevedrés acadou no 2025 un índice de 63 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano

29/07/2026 | 15:24 | C. de Sanidade

A Xunta dá por finalizada desde mañá a alerta por posibles efectos da calor na zona de Valdeorras

A partir de mañá xoves a progresiva entrada dunha masa de aire de orixe atlántico moverá o aire cálido cara ao leste, o que fará descender as temperaturas

29/07/2026 | 12:25 | C. de Sanidade

O proxecto Xenoma Galicia avanza na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte coa participación de 201 persoas na súa primeira fase

Tras completar o recrutamento nos distritos sanitarios da Mariña e Monforte de Lemos a Xunta continuará tras o verán coa toma de mostras no distrito de Lugo

29/07/2026 | 12:09 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca o investimento de máis de 410.000 euros para reforzar a capacidade diagnóstica do Hospital de Barbanza cunha nova sala de radioloxía e novos ecógrafos para urxencias e dermatoloxía

A nova sala de radioloxía, que contou cun investimento de case 250.000 euros, aumenta a precisión diagnóstica, incorpora ferramentas baseadas en intelixencia artificial e dispón de tecnoloxía 3D