Actualidade
Buscador de novas
Extinguido o incendio forestal do concello pontevedrés de Ponteareas, parroquia de Nogueira
O lume iniciouse o martes ás 17,39 horas e finalmente afectou unha superficie de 76,25 hectáreas, todas elas de monte arborado
Máis de 360 persoas habilitáronse como persoal de control de acceso no primeiro semestre deste ano a través dos cursos que oferta a Academia Galega de Seguridade Pública
Ata fin de ano celebraranse outras catro edicións desta formación, das que a próxima está prevista para o 30 de setembro
Estabilizado o incendio forestal do concello pontevedrés de Ponteareas, parroquia de Nogueira
O lume, que se iniciou onte ás 17,39 horas, deuse por estabilizado ás 09,31 h. de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 60 hectáreas
A Xunta informa que ningunha zona de Galicia estará mañá en alerta vermella por episodio de calor
Tan só a zona de Valdeorras estará en alerta laranxa
A Xunta informa que a alerta vermella por episodio de calor afectará mañá á montaña de Ourense e interior de Pontevedra
As zonas de Valdeorras, Miño de Ourense e Rías Baixas estarán en alerta laranxa
Bombeiros forestais vascos fórmanse este verán en Galicia nun intercambio co dispositivo contra incendios da Xunta
O director xeral de Defensa do Monte da Consellería do Medio Rural recibiu un grupo de profesionais da Deputación de Bizkaia no Centro de Coordinación Central de Santiago de Compostela
A Xunta informa que a alerta vermella por episodio de calor afectará mañá ao interior de Pontevedra, Rías Baixas e montaña de Ourense
As zonas de Valdeorras, sur de Lugo e Miño de Ourense estarán en alerta laranxa
Galicia conta xa cun novo avión de coordinación e vixilancia a pleno rendemento, con máis autonomía e capacidade de transporte loxístico e de persoal
O director xeral de Defensa do Monte da Consellería do Medio Rural, Manuel Francisco, visitou a base aérea de Verín-Oímbra onde opera este novo medio desde o pasado 1 de agosto
Medio rural e a Brilat avalían o inicio da Operación Centinela de vixilancia dos montes galegos fronte aos incendios forestais
O director xeral de Defensa do Monte recibiu no Centro de Coordinación Central de San Lázaro ao xeneral de brigada Andrés González, como 'Jefe de la Fuerza Galicia' (JEFZA Galicia)
Estabilizado o incendio forestal do concello lucense de Taboada, parroquia de Ínsua
O lume iniciouse ás 17,38 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 30 hectáreas