Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.111 novas da área temática Territorio:

02/11/2026 | 13:21 | C. do Medio Rural

Medio Rural abre desde este luns e ata o 20 de novembro o prazo para arrendar parcelas co Banco de Terras

Neste período, calquera persoa que precise terras para desenvolver ou ampliar unha explotación agraria e/ou forestal ou para realizar un proxecto con outros fins pode dirixirse ao Banco, que mantén unha listaxe actualizada das parcelas dispoñibles

31/10/2026 | 10:01 | C. de Facenda e Administración Pública

Os concellos galegos consolidan os servizos da administración dixital e avanzan na incorporación de tecnoloxías emerxentes á xestión municipal

Máis do 23 % dos municipios emprega tecnoloxía da Internet das Cousas que aplica principalmente á xestión da auga, ao saneamento e ao alumeado público

23/10/2026 | 14:50 | C. de Economía e Industria

Os Orzamentos de Economía e Industria crecen ata os 480 M€ para crear máis solo industrial e consolidar as oportunidades da innovación e do sector da defensa

Xestur bate un récord histórico ao incrementarse un 36 por cento o seu presuposto e situarse nos 45,66 M€

22/10/2026 | 13:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba definitivamente o Plan Básico Municipal de Guntín para dotar ao concello dun instrumento eficaz de ordenación do territorio

Trátase dun instrumento que permitirá ao municipio lucense ofrecer capacidade de acollida residencial e económica acorde ao seu desenvolvemento

21/10/2026 | 18:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta polo diálogo coas empresas de transporte para a consecución dunha mobilidade sostible e competitiva

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, clausura en Sanxenxo o 49º congreso de Feneval, a Federación Nacional Empresarial de Aluguer de Vehículos con ou sen Condutor

21/10/2026 | 15:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola xestión compartida de servizos municipais entre concellos

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes avaliou no Parlamento as melloras rexistradas en Cerdedo Cotobade unha década despois da fusión

19/10/2026 | 18:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta en Chantada a importancia da formación integral nos oficios artesanais a través da iniciativa Fibranzas

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, achegouse ata San Cristovo de Mouricios onde se está a impartir un curso sobre a técnica tradicional francesa do Bouyricou no marco da iniciativa Fibranzas. Laboratorio das fibras vexetais

18/10/2026 | 10:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza no deseño de medidas destinadas a reducir o residuo alimentario en colaboración co sector da distribución e os fogares

As achegas, propostas e suxestións recibidas permitirán enriquecer as liñas estratéxicas do futuro Plan de prevención e xestión do residuo alimentario que está a preparar a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

18/10/2026 | 09:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia apostan polo Proxecto Terra para a sensibilización á mocidade sobre o respecto ao territorio

As actuacións proxectadas ao abeiro deste convenio, que se levarán a cabo ata o ano 2028, contarán cun orzamento de 437.000 euros