Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 39.734 novas:

28/09/2026 | 19:08 | C. de Sanidade

A Estratexia Galega de Enfermidades Raras 2025-2030 incorpora unha liña específica para mellorar a accesibilidade ás terapias farmacolóxicas

O representante da Xunta destaca que Galicia xa conta con avances consolidados como as unidades funcionais multidisciplinares de enfermidades raras, o Rexistro Galego de Enfermidades Raras ou o desenvolvemento do diagnóstico xenético

28/09/2026 | 19:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta propón ao concello de Pontevedra que reconfigure o acordo para investir 3M€ na cidade e inclúa Pasarón

Ante a petición de colaboración do Concello para apoiar a reforma do estadio de fútbol de Pasarón, o Goberno galego ofrece a posibilidade de reconfigurar o acordo polo que 2M€ estaban previstos para a posta en marcha do novo pavillón municipal de Monte Porreiro, e un millón para actuacións de saneamento

28/09/2026 | 18:59 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa hoxe e mañá en Chantada un obradoiro sobre o emprego de pinturas naturais na construción

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, visitou aos participantes no taller, que esgotou as prazas dispoñibles

28/09/2026 | 18:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa hoxe e mañá en Chantada un obradoiro sobre o emprego de pinturas naturais na construción

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, visitou aos participantes no taller, que esgotou as prazas dispoñibles

28/09/2026 | 18:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
28/09/2026 | 18:30 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a transparencia como un exercicio de respecto á cidadanía e de rendición de contas das institucións

Subliña que a información pública pertence aos cidadáns e lembra iniciativas recentes como o acceso ao custo real das prestacións sanitarias na aplicación Sergas Móbil ou a creación do Rexistro do Litoral

28/09/2026 | 17:16 | C. do Medio Rural

Medio Rural pón en valor a contribución das comunidades de montes para favorecer a xestión forestal

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal visitou hoxe Castro de Rei, no que se levaron a cabo actuacións de repoboación con dúas especies de piñeiro

28/09/2026 | 16:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta equipa con 16 novos vehículos aos axentes ambientais para mellorar a súa mobilidade e a súa capacidade de vixilancia e intervención no territorio

Ángeles Vázquez salienta que esta renovación do parque móbil facilitará as tarefas de inspección, control e conservación do patrimonio natural, así como os desprazamentos por pistas forestais, terreos agrestes e zonas de difícil acceso

28/09/2026 | 16:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial visita o cros escolar de Ribadumia

Ribadumia acolleu un cros escolar no que participaron centos de nenos e nenas de sete centros de Vilagarcía de Arousa, Ribadumia e O Grove

28/09/2026 | 15:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para mañá a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral oeste da Coruña

Suspéndese a actividade deportiva do programa Xogade e federada no mar coas excepcións establecidas no protocolo publicado na web de Deporte Galego