Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 34.194 novas:

09/04/2026 | 12:54 | C. de Sanidade

O seguimento na quenda de mañá da folga de atención primaria acada o 1,77 % na Sanidade Pública Galega

O paro está convocado polo sindicato CIG, a única forza sindical que non se sumou ata o momento á reforma integral da atención primaria que a Consellería de Sanidade está a negociar xa con seis organizacións sindicais

09/04/2026 | 12:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia amosa as capacidades do CESGA e o potencial da I+G+i ao ministro para a Transformación Dixital

O conselleiro de Ciencia, Román Rodríguez, recibe a Óscar López no Centro de Supercomputación de Galicia, que está reforzando as súas infraestruturas e recursos para converterse nun centro de referencia a nivel internacional  

09/04/2026 | 12:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis de 1,2 M€ aos profesionais da avogacía e da procuradoría polos gastos de funcionamento e infraestrutura da quenda de oficio

O DOG publica a contía deste sistema de compensación, fixado en ambos casos nun 8% do importe total certificado en 2025 polos colexios da avogacía e da procuradoría da Comunidade

09/04/2026 | 11:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A nova aula de simulación avanzada de hostalaría do CIFP Compostela integra as últimas tecnoloxías do sector en prol da mellor formación dos estudantes

A directora xeral de FP visita o espazo, que forma parte da rede de 115 aulas de tecnoloxía aplicada da Xunta, cun investimento de 6,3 M€ nos últimos catro anos

09/04/2026 | 11:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental a un proxecto para o almacenamento de enerxía no concello de Cerceda

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a actividade teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

09/04/2026 | 10:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo anima aos concellos a solicitar as axudas para mellorar as súas infraestruturas municipais que contan cun orzamento de 3,5 M€

A delegada da Xunta lembrou que o prazo estará aberto ata o 5 de maio e que as achegas van dirixidas a concellos de menos de 30.000 habitantes e que poden solicitar as subvencións de xeito individual ou conxunto

08/04/2026 | 18:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca en Ourense o papel da divulgación dos oficios para a posta en valor da artesanía

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou esta tarde o obradoiro taller Arte 3, especializado en restauración e dourado, que hoxe abría as súas portas con motivo dos Días Europeos da Artesanía

08/04/2026 | 17:47 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 395.000 euros o subministro de reactivos químicos e material funxible con destino ao laboratorio de saúde pública de Galicia

O material adquirido empregarase para realizar os ensaios e análises vencelladas ao control oficial de produtos alimenticios e augas

08/04/2026 | 17:33 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde destaca o papel cada vez máis relevante da farmacia hospitalaria ante a aposta da Xunta pola innovación terapéutica

O director xeral destaca a importancia da farmacia hospitalaria na atención directa aos pacientes, nos equipos clínicos e na toma de decisións asistenciais

08/04/2026 | 15:30 | C. do Mar

Mar aborda coa Asociación Agacomar os desafíos e o futuro do sector da comercialización de marisco

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, reuniuse cos representantes da entidade para reforzar a colaboración institucional