Actualidade
Buscador de novas
A Xunta reafirma o compromiso co deporte adaptado na presentación da terceira etapa da marcha ciclista de Special Olympics
O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, destacou que Galicia suma na actualidade 59 deportistas galegos e galegas de alto nivel con discapacidade e que a Comunidade galega foi pioneira na concesión de becas igualitarias
Xosé Merelles destaca o aumento da demanda no Centro Superior de Hostalería de Galicia, cun 27 % máis de alumnos que o pasado curso
Este ano, a nota de corte elevouse a 7,273 puntos, case dous máis que no 2025-2026
As facultades de Enfermaría e de Ciencias da Educación de Santiago convidan aos seus estudantes a participar na campaña “Un alento de vida” da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue
As decanas dos dous centros educativos e responsables da Axencia presentaron esta mañá unha iniciativa que tenta sensibilizar aos futuros profesionais dos sistemas sanitario e educativo da importancia de colaborar activamente doando sangue
Educación colabora coa Asociación Galega de corredores de seguros na primeira FP Dual Intensiva de Alta Especialización de administración e finanzas
O conselleiro de Educación, Ciencia e Universidades, Román Rodríguez, e o presidente da entidade, Pablo Lariño, avalían a posta en marcha desta formación, con 30 matriculados no Instituto Ricardo Mella de Vigo neste curso 2026/27
A Xunta apoia con 17.200 euros a mellora da senda entre Vilachá e o miradoiro de Punta da Mansa, en Xove
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, comprobou o resultado da actuación, financiada con cargo á orde de axudas para impulsar zonas verdes e crear espazos de refuxio climático
A Xunta activa hoxe a alerta laranxa por chuvia no oeste e suroeste da provincia da Coruña
Suspéndense as actividades escolares no exterior e a actividade deportiva federada e do programa Xogade no exterior, agás os deportes náuticos e acuáticos federados, nos concellos afectados polo fenómeno meteorolóxico adverso
A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia levanta cinco actas de infracción en dispositivos de prevención de consumo de alcohol por menores en Rianxo e na Pobra do Caramiñal
No marco destes operativos, os axentes identificaron tamén 145 persoas
A Xunta continúa protexendo a cabana bovina galega ante a dermatose nodular contaxiosa
A Consellería do Medio Rural publica hoxe no DOG a resolución pola que prorroga as medidas cautelares, que producirá os seus efectos entre o 1 e o 31 de outubro, ambos incluídos, e poderase ampliar en función da evolución epidemiolóxica da enfermidade