Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 39.734 novas:

29/09/2026 | 14:18 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta impulsa a cociña galega como un dos grandes elementos diferenciadores da oferta turística de Galicia no V Campionato de Tapas e Pinchos

O certame, impulsado pola Deputación de Ourense en colaboración con Turismo de Galicia, reunirá no Mosteiro de San Pedro de Rocas a medio centenar de profesionais da cociña galega os días 19 e 20 de outubro

29/09/2026 | 14:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Consorcio Casco Vello de Vigo incorpora un novo edificio ás actuacións prioritarias do plan de rehabilitacións e avanza na reforma dos inmobles da rúa Alta

A delegada da Xunta en Vigo e presidenta do CCVV, Ana Ortiz, visitou as obras da rehabilitación para construír cinco novas Vivendas de Protección Autonómica

29/09/2026 | 14:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía á costa suroeste da Coruña e a todo o litoral de Pontevedra a alerta laranxa por temporal costeiro, xa activa na costa oeste coruñesa

Nas zonas afectadas suspéndese a actividade deportiva do programa Xogade e federada no mar, coas excepcións establecidas no protocolo publicado na web de Deporte Galego

29/09/2026 | 14:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta e a Fundación Laboral da Construción impulsan cun piloto a formación e as oportunidades laborais no sector de 80 persoas desempregadas

José González salienta esta acción como exemplo de colaboración público-privada e agradece o labor da Fundación Laboral da Construción e dos municipios implicados, que son O Carballiño, Arteixo, Sanxenxo e Santiago de Compostela

29/09/2026 | 13:59 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño salienta que Galicia é a primeira comunidade española en contar con todas as unidades de enfermidade inflamatoria intestinal certificadas como avanzadas ou excelentes

O titular de Sanidade remarca que esta certificación supón que todas as unidades galegas superaron unha avaliación externa conforme a uns estándares comúns de calidade asistencial

29/09/2026 | 13:55 | C. de Sanidade

A Xunta licita por 2,2 M€ a subministración de sistemas de monitorización cardíaca con destino ás áreas sanitarias do Sergas

Este tipo de material sanitario vai destinado aos servizos de cardioloxía intervencionista e electrofisioloxía

29/09/2026 | 13:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta entrega unha vivenda de promoción pública en réxime de alugamento en Monterroso

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, lembra que todas as persoas interesadas en acceder a este recurso deben inscribirse no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia, un trámite que ten aberto o prazo durante todo o ano

29/09/2026 | 13:47 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta consolida a residencia artística ‘Nortear Ilustrado’ para seguir a fornecer vencellos culturais co norte de Portugal

A iniciativa volve celebrarse na Illa de San Simón, do 6 ao 9 de outubro, coa participación dos creadores galegos Alariko, Emma Ríos e Clara Artiaga e as portuguesas Mar Correia, Cristiana Carvas e Cláudia Martins

29/09/2026 | 13:40 | C. do Medio Rural

Medio Rural leva a IXP Castaña de Galicia ao estudantado do CFEA de Sergude

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu hoxe á xornada divulgativa organizada no centro