Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.331 novas da área temática Comercio:

18/02/2026 | 11:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta e a Deputación de Ourense asinan o protocolo para avanzar na mellora das prazas de abastos da provincia como espazos clave no comercio local

O protocolo selado hoxe entre ambas entidades crea un marco para desenvolver convenios de colaboración con cada un dos concellos ourensáns interesados na mellora dos mercados de abastos do seu territorio

18/02/2026 | 11:43 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial entre Pemes e autónomos cunha nova orde de achegas de 1,4 M€

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria en virtude da que se poden solicitar axudas de ata 9.000 € para medidas de flexibilidade horaria ou fomento do teletraballo e de ata 20.000 € para garantir o traballo en remoto

13/02/2026 | 15:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avoga por un consumo sostible e responsable para reducir o desperdicio alimentario nestas datas de Entroido

Belén do Campo subrayó a importancia dunha adecuada planificación previa das compras, recomendando o uso de listas cos produtos necesarios e evitando adquisicións impulsivas

13/02/2026 | 14:41 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa nos mercados municipais a campaña ‘Nestas datas, que non sobren as sobras!’ para reducir o desperdicio alimentario no entroido

O delegado territorial e a directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade visitaron esta mañá a Praza de Abastos de Pontevedra para participar na iniciativa

13/02/2026 | 10:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta potencia con novos encontros con asociacións o proceso participativo na futura estratexia de protección das persoas consumidoras

O director xeral de Comercio e Consumo e a xerente do Instituto Galego de Consumo e da Competencia reuníronse esta semana en Lugo co presidente de Facua Galicia

12/02/2026 | 11:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta anima a solicitar as axudas ás persoas traballadoras autónomas que inclúen o Bono Remuda para garantir o mantemento e futuro dos negocios

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais visitou hoxe en Pontevedra un negocio de copistería e reprografía beneficiario do Bono Remuda, medida que na convocatoria única para autónomos de 2026 (40,7 M€) se eleva un 20 % ata os 1,5 M€

12/02/2026 | 10:10 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta convoca 2,5 M€ en axudas para os centros comerciais abertos primando a súa profesionalización, calidade e capacidade de fidelización da clientela

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, vén de reunirse por videoconferencia con representantes dos CCA, co gallo de darlles a coñecer os detalles da convocatoria que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia