Actualidade
Buscador de novas
A Xunta abre hoxe o prazo para as empresas interesadas en colaborar na nova convocatoria do programa EBici
A orde estará dotada con 1,7 M€ e subsidiará a compra de bicicletas novas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas
Galicia encamiña a recuperación da normalidade nunha xornada na que os servizos públicos funcionaron sen incidencias de peso
A Xunta manifesta o seu interese de regresar ao nivel 2 de emerxencia e recuperar o control da coordinación
A Xunta comeza mañá o traballo de campo para o estudo anual de avaliación da calidade da rede pública de autobuses interurbanos
O traballo de campo inclúe máis de 16.000 enquisas e observacións, divididas en 13.200 enquisas a persoas usuarias, 1.974 observacións do tipo cliente misterioso, 457 enquisas a centros de ensino con transporte compartido e 600 enquisas a persoas non usuarias
A Xunta axusta o percorrido de dúas liñas urbanas en ferrol logo da reapertura parcial da avenida das Pías
As liñas Caranza-Praza Vella e Praza Vella-Caranza deixarán de percorrer a rúa Telleiras e volverán á avenida das Pías
A Estación Intermodal de Vigo suma máis de catro millóns de viaxeiros e mantén a tendencia á alza nos últimos anos
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, participou no ciclo ‘Estacións de ferrocarril: motores de rexeneración urbana do século XXI’, onde salientou a aposta da Xunta polo fomento do transporte público e a intermodalidade
A Xunta recibe 6 ofertas para a execución das obras de mellora da OU-212 ao seu paso por Avión e Beariz, cun investimento de case 1,5 M€
Os traballos, que se prevén iniciar neste verán, abranguen a mellora dun tramo de 6 quilómetros da estrada autonómica entre Beariz e o desvío cara ao núcleo de Couso
A Xunta axusta desde o luns o horario dun servizo de autobús entre Carballo e Corme para ampliar os enlaces cos servizos que chegan desde A Coruña
O servizo das 16,45 horas atrásase ás 17,00 horas para facilitar a conexión aos viaxeiros que empregan o servizo das 15,50 horas da liña Entrexardíns-Carballo E.A
A Xunta abre este luns o prazo de inscrición nos cursos gratuítos de condución segura de motos, que se celebrarán en maio e xuño
Nesta convocatoria celebraranse 4 cursos, que se impartirán os días 24 e 25 de maio, en Teixeiro (Curtis), o 31 de maio en Pontevedra, e o 7 de xuño en Ourense