Actualidade
Buscador de novas
A Xunta resolve en 21 días a concesión de 424 axudas do Bono Alugueiro Mocidade por un importe de máis de 2,4 M€
O traballo intenso dos técnicos do IGVS está a permitir a axilización na tramitación destas axudas en tempo récord, toda vez que o prazo de presentación se abriu o pasado día 28 de febreiro, e aínda permanecerá aberto ata o próximo venres día 28
Lara Meneses pon en valor os proxectos que impulsan o desenvolvemento persoal da mocidade
Na xornada, que conta co apoio da Xunta, interveñen a triatleta paralímpica Eva Moral, o hostaleiro Nino Redruello, e a comunicadora Fabiola Martínez
A Xunta destaca o carácter integrador e inclusivo do seu sistema de protección de menores
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, estivo hoxe en Monforte de Lemos onde a Administración autonómica ten un centro de día e unha casa de familia
A Xunta pon en marcha ‘Conecta con Galicia no Camiño’, un programa destinado a que a mocidade galega percorra a ruta Xacobea
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria unificada das iniciativas ‘Conecta con Galicia’ e ‘Conecta co Camiño’ a través da que se ofertan 120 prazas, 96 reservadas para mozos residentes no exterior e 24 para aqueles que viven en Galicia
López Campos enxalza o papel do voluntariado como unha importante ferramenta de integración social
Pon en valor o programa da Dirección Xeral de Xuventude que ofrece formación e integra a persoas con discapacidade nestas accións solidarias e de acompañamento
Rueda anuncia a aprobación de dúas liñas de avais para a compra de vivenda, unha dirixida aos menores de 36 anos e outra para a compra de vivenda protexida sen límite de idade
Sinala que a convocatoria, por un importe de 5 M€, dá continuidade á liña pioneira lanzada pola Xunta en 2023 para facilitar a compra de vivenda aos menores de 36 anos, e engade outra liña de aval para a compra de vivenda protexida, eliminando o requisito da idade
A Xunta e a Fundación Otero Pedrayo recoñecen o traballo de institutos de Bande, Vigo e Pontedeume
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participa na entrega dos IV Premios Otero Pedrayo
A Xunta renova a súa aposta polo voluntariado na sanidade pública para mellorar a experiencia dos pacientes desde o altruísmo e a solidariedade
Os conselleiros de Sanidade e de Cultura, Lingua e Xuventude asinan a renovación do convenio para o voluntariado de acompañamento nos hospitais públicos
A Xunta reivindica o papel da muller nas carreiras científicas e técnicas como garante dunha sociedade máis igualitaria
A directora xeral de Promoción da Igualdade lembra que a incorporación de cada vez máis rapazas ás carreiras STEM é fundamental para seguir baixando a fenda de xénero salarial