Actualidade
Buscador de novas
Alfonso Villares defende a sostibilidade como un dos elementos que garanten a soberanía alimentaria
Para lograr este obxectivo, destaca a importancia de apostar pola I+D+I, que debe ser en equilibrio cos piares social e económico, tal e como a Xunta defende no marco da reforma da PPC
A Xunta recibe ao alumnado do IES Coruxo de Vigo no Instituto Galego do Consumo e da Competencia nunha visita enmarcada na Semana do Goberno Aberto
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañou ao alumnado de 4º da ESO na súa visita e trasladou aos participantes a importancia da formación en materia de consumo
A Xunta abre este martes o prazo de adhesión para os negocios que desexen sumarse á campaña dos Bonos Activa Comercio deste ano
Como principal novidade, en 2025 os establecementos que desexen participar só deberán inscribirse unha única vez para todas as edicións que se convoquen durante o ano, avanzando así na simplificación administrativa
A Xunta salienta a alta participación no mercado do Tinglado da Coruña como exemplo do compromiso da cidadanía co consumo responsable e a reciclaxe
140 particulares expoñen os artigos que queren vender en Palexco cun horario de atención ao público entre as 10,30 e as 14,00 horas e entre as 16,00 e as 20,30 horas
Villares felicita a Burela Quality por apostar pola innovación e a pesca sostible como base do seu crecemento empresarial
Baixo ‘LaMarca Seafood’, a entidade mariñá introdúcese na xeración de marisco crioxenizado e tratado coa técnica Ikejime
Galicia lidera a promoción de produtos pesqueiros nos mercados internacionais e incentiva o consumo con campañas e o lanzamento do Bono peixe
O Goberno galego destina este ano máis de 20 millóns de euros a accións de posta en valor dos produtos da pesca e da acuicultura da man de entidades do sector e co foco en realzar o seu valor nutricional
A Xunta promoverá no marco da iniciativa ‘Localízate’ xincanas educativas en diferentes cidades galegas para conectar a mocidade co comercio local
Entre os días 12 e 15 de maio, Vigo, A Coruña, Ourense e Lugo acollerán carreiras por equipos polas principais zonas comerciais, nas que o alumnado da ESO participante deberá resolver probas e interactuar cos comercios colaboradores