Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 547 novas da área temática Enerxía:

06/02/2025 | 11:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por unha minería sustentable, que favoreza o asentamento de poboación e actúe como motor da economía galega

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, inaugura hoxe a xornada técnica Concurso de dereitos mineiros en Galicia

04/02/2025 | 14:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta subvenciona con 56.000 euros as obras de mellora da eficiencia enerxética do anexo ao pavillón municipal de Pontecesures

A actuación financiase con cargo á liña destinada á mellora da eficiencia enerxética en edificios municipais de concellos de menos de 15.000 habitantes do Fondo de Cooperación Local

03/02/2025 | 15:30 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental á repotenciación de 9 parques eólicos para eliminar 286 aeroxeradores e aumentar nun 35% a súa produción de enerxía renovable

Alfonso Rueda explica que o Consello toma razón dun informe sobre os proxectos de eólicos repotenciados que recibiron avaliación ambiental favorable no último ano por parte da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

03/02/2025 | 15:29 | C. de Economía e Industria

Belén do Campo anima aos negocios e empresas do sector servizos a solicitar as axudas da Xunta para reducir a súa factura eléctrica

Esta farmacia foi beneficiaria do Bono Enerxía Peme, o ano pasado, o que lles permitiu instalar equipos de climatización e luminarias led

31/01/2025 | 15:10 | C. de Economía e Industria; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o gran potencial de Galicia en enerxías renovables e aposta por aproveitalo dun xeito sustentable

Resalta que a nosa comunidade é un referente na produción de enerxía hidráulica e eólica

29/01/2025 | 14:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta busca oportunidades de negocio para a investigación galega na feira internacional Science for Industry de Madrid

Unha delegación galega con máis de 20 entidades e coa directora da Axencia Galega de Innovación á fronte conta cun stand propio neste evento

29/01/2025 | 13:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aproba unha nova planificación para liderar a acción climática en España, con case un cento de medidas e máis de 1.700 M€ en investimentos ata 2030

Ángeles Vázquez explica que o PRIEC guiará dunha forma transversal as políticas galegas no eido da mitigación, a adaptación, a investigación e a sensibilización fronte ao quecemento global

29/01/2025 | 12:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima a solicitar as axudas do novo Bono Enerxía Peme que o pasado ano mobilizou en Ferrolterra un investimento próximo aos 76.000 euros

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, e o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, visitaron esta mañá a oficina de farmacia de María Luisa Hidalgo, beneficiaria do programa

28/01/2025 | 14:42 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o impacto positivo que vai ter na industria a nova planificación eólica e as medidas da Xunta para o abaratamento da enerxía

“Para que a industria se siga desenvolvendo na Comunidade e para que sexamos quen de seguir atraendo novos investimentos, temos que ser capaces de ofrecer uns custos enerxéticos competitivos e ter unha rede de transporte eficaz que satisfaga as necesidades tanto de consumo como de evacuación que teñen os distintos proxectos”, subliña

27/01/2025 | 14:05 | C. de Economía e Industria

Manuel Pardo lembra que ven de abrirse o prazo dunha nova convocatoria da orde de axudas da Xunta para promover o aforro e a eficiencia enerxética nas empresas galegas dotada con 7,5 M€

O delegado territorial resaltou que coa convocatoria prevese a mobilización de 30 millóns de euros, aforros de 5 millóns de litros ao ano de combustible diésel, unha redución de emisións equivalente a plantar 825.000 árbores e a creación de máis de 100 postos de traballo directos