Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.422 novas da área temática Medio ambiente:

09/03/2026 | 14:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Belén do Campo supervisa as melloras de eficiencia enerxética de dous edificios municipais no concello de Dumbría realizadas cun apoio da Xunta de case 150.000 euros

A delegada explicou que esta achega do Fondo de Compensación Ambiental non competitivo permitiulles realizar obras na Casa de Cultura de Olveiroa e no local social de Bustelo

08/03/2026 | 11:52 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental a un centro de xestión de residuos informáticos en Culleredo

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

07/03/2026 | 10:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental con condicións á ampliación do parque empresarial do Corgo

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que esta iniciativa teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

06/03/2026 | 15:55 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez ofrece en Valencia a Lei galega do litoral como marco de referencia para o deseño da futura normativa estatal de Costas

Lamenta o intento do Goberno central de reformar pola porta de atrás a Lei de Costas a través dunha modificación do seu regulamento sen ningunha reunión, aviso ou notificación previa ás comunidades

05/03/2026 | 13:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia rexistrou o inverno meteorolóxico máis húmido do último cuarto de século

Ángeles Vázquez explica que se tratou do cuarto inverno máis chuvioso da serie histórica cunha precipitación media de 800 litros por metro cadrado, que é un 81% superior ao habitual neste período

05/03/2026 | 11:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza no deseño de solucións de adaptación climática para consolidar Galicia nos obxectivos de neutralidade

Ángeles Vázquez pon en valor a participación de Galicia no proxecto europeo SystR, que ten como obxectivo acelerar a adaptación ao cambio climático en Europa con solucións coordinadas e conectadas para conseguir unha resiliencia sistémica

04/03/2026 | 13:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta actuará este ano en preto de 300 quilómetros de canles fluviais para garantir un bo estado de conservación e previr o risco de asolagamentos

Ángeles Vázquez subliña que esta planificación inclúe tarefas ordinarias e preventivas de mantemento dos ríos, como a retirada de obstáculos, o control e xestión de vexetación ou a eliminación de especies exóticas invasoras

03/03/2026 | 13:47 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aposta por combinar a redución das cargas burocráticas coas máximas garantías de protección ambiental para impulsar o desenvolvemento económico

Ángeles Vázquez salienta que ese é o obxectivo da Lei de administración ambiental simplificada de Galicia, que aprobará o Consello da Xunta neste semestre e unificará a normativa vixente axilizando os trámites de competencia autonómica e local

03/03/2026 | 13:30 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por preto de 3,7 M€ a xestión das plantas de tratamento de biorresiduos de Cervo, Verín e Vilanova de Arousa

O contrato terá unha vixencia de tres anos e firma adxudicataria encargarase tanto da operación, mantemento e limpeza das instalacións como da distribución e venda do produto obtido, con aplicación no sector da agricultura e xardinería

03/03/2026 | 12:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina preto de 2 M€ en axudas á mellora e conservación dos espazos naturais protexidos galegos

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, deu conta desta nova convocatoria durante a visita a un dos beneficiarios da pasada edición