Actualidade
Buscador de novas
A Xunta expón a empresarios galegos da hostalaría o proxecto do Camiño do Litoral e a aplicación para difundir o patrimonio existente na súa contorna
Ángeles Vázquez salienta a importancia de poñer en marcha iniciativas que combinen a dinamización económica dos municipios costeiros co coidado do medio ambiente
Mar e Fundación Nueva Pescanova converterán Galicia no epicentro do debate global sobre a pesca e a acuicultura sostibles co IV Sustainable Seafood
A conselleira, Marta Villaverde, asinou co presidente da entidade o convenio de colaboración para a organización do encontro que se celebrará en Vigo o 28 de abril
A Xunta dá luz verde ambiental a unha planta de valorización de residuos non perigosos procedentes do sector da construción e demolición en Celanova
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
Ángeles Vázquez avoga por comportamentos responsables e respectuosos co medio ambiente durante a observación da eclipse de agosto
Incide na importancia de respectar as restricións de acceso naquelas áreas protexidas que teñan limitacións de capacidade, así como de minimizar ruídos e iluminación artificial para non afectar á fauna
A Xunta destaca o papel dos Centros Galegos de Recuperación de Fauna Silvestre na atención a animais feridos ou débiles para devolvelos ao medio natural
Ángeles Vázquez explica que todo apunta a que estas aves se viron afectadas polos temporais encadeados das últimas semanas, o que lle impediu parar a descansar facendo que acabasen con episodios de esgotamento extremo e debilidade
Belén do Campo destaca o éxito da orde de axudas para actuacións que permitan previr os risco do cambio climático que contan cun investimento de 2 M€
A delegada da Xunta visitou en Abegondo a actuación de redución da impermeabilidade do solo e da creación de muros vexetais no camiño de acceso á finca municipal de Os Loureiros
Ángeles Vázquez pon como exemplo do interese polas axudas de ‘fermosismo’ o feito de que o primeiro día xa se recibisen o 70% das solicitudes totais
Outra proba da boa acollida desta liña de financiamento é que nos primeiros 16 minutos xa se recibiu o número de peticións preciso para esgotar o crédito, de concederse todas
A Xunta aposta pola dixitalización na xestión dos residuos co emprego da intelixencia artificial para optimizar a recollida por parte dos concellos
Ángeles Vázquez destaca que o Plan de Transformación Dixital de Sogama, cun investimento de máis de 2,8 M€, busca que tanto a empresa pública como os 304 municipios aos que dá servizo melloren a eficiencia e aforren custos
A Xunta elabora un estudo sobre a poboación do xabaril para optimizar as medidas de control da especie
Ángeles Vázquez indica que esa análise estima unha poboación de máis de 82.000 xabarís, cunha densidade media de 2,77 exemplares por quilómetro cadrado
Ángeles Vázquez advirte de que o Goberno central pretende limitar a duración de todas as concesións na costa co pretexto de que así llo exixe Bruxelas
A responsable autonómica aclara que a Comisión Europea pide a España maior transparencia na adxudicación dalgunhas concesións relacionadas coa directiva de servizos, pero non con outras como poden ser as do complexo mar-industria