Actualidade
Buscador de novas
Manuel Pardo louva o traballo do Polo de emprendemento de Baños de Molgas que prestou asesoramento a máis de 200 proxectos, dos que o 56% foron liderados por mulleres
O delegado da Xunta puxo en valor o papel clave que desempeña este servizo no apoio ás persoas autónomas e pequenas empresas, así como na dinamización do tecido económico da contorna
A Xunta mantén aberto o prazo para solicitar as axudas para o fomento da sustentabilidade e a seguridade no sector mineiro galego
A convocatoria, dotada con 2,5 millóns de euros, contempla cinco liñas de apoio que cobren desde investimentos para mellorar as condicións laborais e reducir a exposición ao po ata apoios para a implantación, seguimento ou renovación das normas de certificación en minería sustentable, entre outras
A Xunta licita por máis de 425.000€ as obras de mellora urbana, paisaxística e de accesibilidade do parque Alcalde Ordóñez, no concello do Porriño
Trátase de transformar o espazo existente nun parque seguro, plenamente accesible, confortable climáticamente e cunha identidade paisaxística vinculada ao territorio
A Xunta impulsa unha nova edición do programa Innovación e Talento Novo a prol da conexión entre o ecosistema emprendedor e o ámbito universitario
Neste sentido, as persoas emprendedoras interesadas en inscribirse poderán facelo ata o 21 de agosto a través de U4impact
Villares destaca o apoio da Xunta á expansión do tecido empresarial de Lugo a través do programa ‘Galicia Inviste’
O delegado territorial sinalou que se concederon en total máis de 2 millóns de euros en axudas a 19 empresas da provincia, sete delas na capital
A Xunta destina 120.000 euros á mellora das infraestruturas do parque empresarial Merlín, no concello de Agolada
O delegado territorial visitou o parque empresarial, beneficiario dunha das axudas da Xunta para a habilitación e mellora das áreas empresariais de Galicia
A Xunta lembra que está aberto o prazo de solicitudes do Bono Remuda con apoios tanto a quen asume o negocio como a quen o traspasa por xubilación
José González expón que esta liña de achegas, incluída na orde única de axudas ás persoas traballadoras autónomas, conta cun orzamento de 1,5 M€, o que supón unha suba dun 20% en relación coa convocatoria anterior
A Xunta destina preto de 186.000€ a equipamento de emerxencias para as agrupacións de voluntarios de Protección Civil
A convocatoria, que sae publicada hoxe no DOG, vai destinada a concellos de menos de 50.000 habitantes que conten con estes colectivos