Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 815 novas da área temática i+D+i:

01/08/2026 | 10:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A primeira convocatoria do programa Talentgal recibe 313 candidaturas de investigadores excelentes procedentes de 52 países

Os científicos que presentaron solicitude optan aos primeiros 20 contratos en centros galegos de investigación

30/07/2026 | 16:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre a convocatoria para rescatar proxectos de empresas innovadoras que quedaron sen financiamento estatal

Son axudas de ata 325.000 € para iniciativas galegas que quedaron fóra do programa nacional por insuficiencia de crédito, co obxectivo de facelas viables

30/07/2026 | 16:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca a relevancia do traballo do IDEGA para o desenvolvemento de Galicia nos últimos 50 anos

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP participa, xunto á reitora da USC, no acto conmemorativo das cinco décadas do centro

28/07/2026 | 14:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta financia con 29 M€ a actividade científica de 149 grupos e proxectos de investigación

A Consellería de Educación apoia os equipos máis competitivos do sistema da I+G+i: 65 na USC, 35 na UVigo, 27 na UDC e 22 noutras entidades de investigación

22/07/2026 | 16:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Cesga suma xa 43 investigacións no seu espazo de datos OneHealth, punto de partida do arranque da primeira fábrica europea de IA en España

OneHealth DataSpace reúne xa 36 entidades que colaboran para impulsar a saúde global mediante tecnoloxías de compartición segura de datos, intelixencia artificial, análise avanzada e computación de altas prestacións

21/07/2026 | 14:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia participa por primeira vez no programa do CERN para divulgar a ciencia en festivais musicais de Europa

Román Rodríguez destaca o impacto destas iniciativas para achegar a I+G+i a todos os públicos e mellorar a cultura científica xeral, un dos retos da futura Lei de ciencia

17/07/2026 | 14:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A nova spinoff TraffikGene, apoiada polo programa Ignicia da Xunta, lanza a súa tecnoloxía vinculada á innovación na saúde

A Xunta concedeu cerca de 500.000€ á idea innovadora inicial que derivou na creación desta compañía, nacida tras sete anos de investigación no CIQUS do equipo de Javier Montenegro, investigador Oportunius

16/07/2026 | 16:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia e norte de Portugal promoven proxectos innovadores conxuntos sobre industria, turismo, saúde e sector primario

Presentan en Viana do Castelo o proxecto MAISRIS3T, liderado pola Xunta de Galicia cun orzamento de case 1 M€ para actividades transfronteirizas ata 2028

14/07/2026 | 16:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta celebra a innovación con impacto do Citius, centro de investigación da Rede Cigus e piar da I+G+i

A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, salienta que a atividade do CiTIUS é un exemplo de converter investimento público en resultados

14/07/2026 | 15:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A empresa Celtarys Research, apoiada polo programa Ignicia da Xunta, presenta a súa tecnoloxía para acelerar o descubrimento de fármacos

A spinoff da Universidade de Santiago de Compostela emprega ferramentas fluorescentes en lugar de substancias radioactivas en ensaios preclínicos, o que permite acurtar os tempos, reducir os custos e aumentar a seguridade