Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 137 novas da área temática Litoral:

06/08/2026 | 16:58 | C. do Mar; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta executará actuacións inmediatas para corrixir a actual situación hidroecolóxica da lagoa de Baldaio e impulsará un plan integral para garantir a súa conservación a longo prazo

As consellerías de Medio Ambiente e Cambio Climático e do Mar consensúan unha proposta de protocolo de actuación que trasladaron tamén ao Concello de Carballo co fin de establecer un marco de colaboración entre as administracións implicadas

06/08/2026 | 14:37 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Manuel Pardo salienta o compromiso da Xunta coa normalización lingüística a nivel local

O delegado da Xunta salientou que a estas axudas, convocadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude están en liña coas medidas incluídas no Pacto pola Lingua e na actualización do Plan de normalización da lingua galega

03/08/2026 | 15:55 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza que esta semana quedará rematada a sinalización das 52 etapas do Camiño do Litoral

Ángeles Vázquez explica que os 79 paneis informativos previstos xa están instalados e nos próximos días completarase a colocación do resto de elementos deseñados co fin de reforzar as indicacións aos usuarios ao longo dos máis de 1.370 km de percorrido

31/07/2026 | 13:47 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta financia con preto de 390.000 euros sete proxectos de embelecemento turístico do litoral en Ferrolterra e Ortegal

A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, deu conta da resolución desta convocatoria durante a visita a un dos establecementos beneficiarios

23/07/2026 | 16:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta estrea no Porto do Son o seu proxecto piloto de praias inclusivas coa instalación de estruturas climáticas sostibles nos areais

Ángeles Vázquez sinala que esta iniciativa pretende avanzar na creación de espazos litorais máis accesibles, inclusivos e adaptados á necesidades de toda a cidadanía

22/07/2026 | 11:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta alerta dun novo intento do Goberno Central de limitar os usos no litoral cunha reforma unilateral dos criterios para establecer a liña de deslinde

Advirte de que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico pretende substituír a esixencia de que as ondas alcancen unha determinada cota de forma recorrente por un novo criterio baseado no rexistro dunha máxima onda nun momento concreto

08/07/2026 | 18:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

TítGalicia e outras comunidades lamentan o novo desprezo do Goberno central ao negarse a consensuar unha proposta para reformar a Lei de costas

A Conferencia Sectorial de Medio Ambiente convocada para abordar o proxecto de novo regulamento acaba sen avances entre Ministerio e representantes autonómicos

06/07/2026 | 16:44 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Belén do Campo destaca o compromiso do Real Club Náutico da Coruña coa excelencia ambiental tras máis de tres décadas renovando a súa bandeira azul

A delegada da Xunta participou no izado do distintivo internacional e puxo en valor a traxectoria do club como referente do turismo náutico sostible en Galicia

02/07/2026 | 18:44 | C. do Mar

Villaverde asina coa confraría do Grove o convenio de recuperación marisqueira de maior alcance xeográfico cun investimento de máis de 751.000 euros

A conselleira do Mar rubricou coa patroa maior da entidade o acordo que abrangue máis de 3,5 millóns de metros cadrados nas zonas do Grove, Vilalonga e Castrelo

02/07/2026 | 16:33 | C. do Mar

A Xunta reivindica o rigor científico e a prevención no desenvolvemento de accións contra a presenza da alga asiática

Ángeles V. Suárez destaca funcionamento do Plan de Xestión da Biomasa e os dous millóns de euros activados en liñas de axuda para o control de especies invasoras