Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.375 novas da área temática Forestal:

13/03/2026 | 15:51 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que a campaña 2026 da PAC avanza a bo ritmo e crece en solicitudes con respecto a marzo de 2025

O director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria da Consellería do Medio Rural compareceu a petición propia na Comisión 7ª do Parlamento para informar sobre esta cuestión e facer balance da xestión do Goberno galego nos últimos anos

12/03/2026 | 14:24 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inicia o plantado das máis de 1.100 árbores de especies autóctonas que permitirán crear corredores ecolóxicos no concello de Curtis

Os primeiros 40 exemplares plantáronse nunha lonxitude de 84 metros dentro dunha parcela propiedade do Goberno local localizada na parroquia de Fisteus

11/03/2026 | 15:40 | C. de Economía e Industria

A Xunta lembra que se poden solicitar ata o 20 de marzo as axudas da Xera para tecnoloxías forestais

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, visitou hoxe dúas empresas referentes na fabricación e comercialización de maquinaria forestal

11/03/2026 | 13:29 | C. de Economía e Industria

Belén do Campo anima ás empresas forestais a solicitar as axudas da Xunta para nova maquinaria e equipación por un importe de máis de 11 M€ abertas ata o 20 de marzo

A delegada da Xunta visitou, esta mañá, a empresa Maderas Carril, beneficiaria o ano pasado dunha axuda destinada ao sector forestal

10/03/2026 | 18:39 | C. do Medio Rural

Medio Rural reforza a súa rede de bases de unidades operativas coa construción dunha nova en Portas

A conselleira María José visitou hoxe o concello para comprobar os avances das obras desta infraestrutura de prevención e defensa contra os incendios forestais, que conta cun investimento de preto de 545.000 euros

10/03/2026 | 15:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta facilita que pescadores e cazadores galegos poidan practicar a súa actividade noutras comunidades cunha única licenza

Galicia subscribe un convenio de colaboración con nove rexións máis para o establecemento de licenzas interautonómicas de caza e pesca en augas continentais

09/03/2026 | 17:49 | C. do Medio Rural

Un total de 271 concellos solicitaron xa adherirse ao convenio de xestión da biomasa de Medio Rural

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco, presidiu a comisión de seguimento deste acordo, asinado entre a Consellería e a empresa pública Seaga

06/03/2026 | 18:00 | C. do Medio Rural

Martina Aneiros preside un encontro informativo sobre o novo convenio para a xestión da biomasa en faixas secundarias

O encontro serviu para informar aos concellos do ámbito territorial sobre o funcionamento e novidades deste sistema de prevención contra incendios forestais